3 de novembro de 2023

Información previa inscrición

2ª promoción Escola da Vida

Encontros para o benestar e autocoñecemento



Os obradoiros consisten en experiencias prácticas nas que ir descubrindote e escoitandote:

1- Expediente vital

Autocoñecemento a través dos sentidos

Que é o expediente vital? Pasos para a súa construcción

O ikigai como ferramenta para o benestar

O eneagrama como ferramenta para o autocoñecemento

2- Expediente vital e Propósito de vida.

Polo que me poden pagar

Os eneatipos mentais

3- Escoitar o corpo dende o corazón

O que amo

Eneatipos emocionais

4- Observar o complexo a través do simple

O que se me da ben

Eneatipos instintivos

5- Conéctome coas fortalezas e debilidades

O que precisa o mundo

Elixir e descartar eneatipos

6- Expediente vital e liña de vida

Compartir en grupo para asentar individualmente

Deseñar o resto do camiño


Partimos de que a inquedanza pode transformase en benestar


O obxectivo é que ti constrúas o teu camiño, identificando laberintos, vales e serras que subir e baixar, en definitiva, compartir e practicar o “bo vivir” de forma individual e colectiva.


Conseguímolo cunha estrutura que reúne ferramentas e recursos nun mesmo camiño integrador e sobre todo que ofrece unha continuidade nos procesos, porque queres iniciar ruta ou ese taller, ese retiro ou esa terapia finalizaron e novos retos se presentan na túa vida.

Xeramos un sistema de apoio completo, proceso que remata na autoxestión, soportado nun sistema de mantemento posterior que reforce toda esa aprendizaxe integrada con anterioridade e que crea un proceso de vida continuo que axude a instaurar unha forma de vivir diferente:


un vivir pleno”


A Escola da Vida é un espazo de encontro e transformación cunha configuración flexible, adaptada á evolución dos grupos que apoia, fortalecéndoos cun contacto continuo no tempo.


Queremos responder á necesidade de acompañarse dende una mesma, cun soporte para que:


Vivas un proceso fluído no que podas construír o final e entrar e saír cando precises.


Teñas recursos e ferramentas que che axuden a recoñecerte e auto coñecerte.


Transites un camiño en compañía sabendo que terás acompañamento individual e en grupo.


Se tes ilusión e ganas por verte e recoñecerte, sen dúbida este espazo é para ti se ademais eres maior de idad, e te sentes física e psicoloxicamente dispoñible para actividades de grupo.


Crearemos un grupo estable de 10 a 15 persoas para forxar un espazo de confianza e comezar un camiño que desexamos que traia moito benestar á túa vida.


O prezo por encontro é de 30 euros.


Aprenderás ferramentas para uso continuado, dende a meditación, o movemento, a escritura, e expresión artística, con bibliografía e, musicografía, para camiñar cando desexes e precises no bo vivir.


 O que facer privado é público vai a ritmos diferentes, a Escola da vida fixo un primeiro curso que empezaron 6 persoas e remataron tres, un proceso que nos deixou con enerxía e ilusión para empezar un novo curso xa en setembro, e agora lanzar a inscripcion para a II Promoción.

15 de xaneiro de 2023

Solitis ou vivitis

 


Solitis ou vivitis. En galego (Solite, ou vivite)

Había unha vez unha muller nun país sen nome que....

Remataba unha tarde de domingo tomando un Godello de Moterrey cuha imaxe dun Cigarron, parecía que pasara o día soa, pero era mentira, tódalas súas pantasmas estiveran presentes e tamén o viño, ese compañeiro que igual que o entroido, sempre vota unha man nos momentos difíciles.

A nosa amiga, facía balance dos últimos anos, dos últimos domigos... como aqueles meses de convivecia e horarios co pai foran definitorios, dos domingos ao igual que os últimos 15 anos con viaxes tódolos meses á terra que a viu nacer, os amores que se foron..., tamen dos 19 anos de crianza que pronto farían que todos os domingos fosen como este, soa na casa....

Despois do balance, as previsións intentaron entrar pero ese día dixo, non!, hoxe non é momento de ir ao futuro, os retos dos novos pasos, teñen que esperar porque hoxe é domingo!!!.

¿Para que son os domingos?... anos antes eran para fregar aquel piso de madeira cun cepillo duro, ir a misa e a discoteca pola tarde, estudar, sentarse fronte ao lume, ou viaxar duha cidade a outra, para empezar uha nova semana, no verán praia, no inverno casa, durmir, pasear, quedar con amizades ou quen sabe... acurrucarse baixo unha manta no sofá, charlar, ver unha peli e rematar facedo o amor.... ir a bailar, ...ou durmir porque o día antes se foi de festa,... por lavadoras, ir ao xardin... falar por telefono...

E agora que?, un domingo para a soidade, para a orde, para curar a solitis que noutros tempos a levaron a fuxir daquela soidade...de vida...de casa baleira.. de sentir que se empezaba a chorar ou se quedaba quieta algo a paralizaría para sempre...

Pois agora sabe que non, e froito do traballo sobre ela mesma, pudo, recrear un domingo de xaneiro, de por lavadora de dobrar roupa de limpar e regar as prantas, convidarse a comer soa, durmir a sesta e apoiarse nunha boa amiga para erguerse, actualizar temas de informática, e ate colocarse a mascarilla mensual que se convertiu en cuatrimestral no ano anterior, e pintar un mandala e sobre todo.... puido facelo sen comer chocolate, nen sentir angustia, confiando en que a nova etapa ía traer mais do que xa colleitara noutras ocasións, boas amizades, lucidez para rectificar nos erros e tempo para compartir.

Aquel domingo foise a durmir tranquila pedindo que lle fose propicio o despertar, un lúns único como o foi o momento no que me contou este conto, sen saber se padecía de SOLITE ou VIVITE. 

Notas. Solitis. Enfermidade que padecen aqueles seres humanos que estando en soidade se senten insuficientes e corren a cobixarse noutro humano. Pode chegar a facerse persistente, se non se trata, conducindo ao que se ven chamando solitis cronica.

Vivitis. Enfermidade que padecen aqueles seres humanos que ánsian da vida algo mais que comer, durmir, consumir.... producida por un exceso de pensar, falta de sentir e un desquilibrio no facer. Moi comun pouco común no seculo XXI. Ten fácil tratamento.

Fin e inicio

 


Fin e inicio

Corresponde cerrar, dicir que o intento de Escola da Vida, tal e como o pensamos Mariely, Naiara, María e eu, non foi posible.

Comparto, analise de proceso, resulta interesante ver como unha proposta que gusta na presentación, no ten resposta práctica, con 800 seguidores en facebook, e 237 en istagram, con 14 persoas que se interesan que buscan que preguntan, .... pero finalmente non se deciden,... sabemos das fortalezas de debilidades internas, do momento social e económico, e vivimos con aceptación a non materialización desta idea, seguimos camiñado cada unha no seu andar, de seguro parte destes 12 meses de traballo e ilusión xuntas nos acompañaran en novas creacións.


Moitas grazas....polas ganas a enerxia e o aprendido, final para un principio, lei fundamental da vida empezo un novo caderno... contarei que vai dando de si.

6 de novembro de 2022

Facendo camiño

 https://www.instagram.com/reel/CkQf2hBD_y5/?igshid=MDJmNzVkMjY=

Inicio esta entrada co video de María sobre a escola da vida, o cuarto que pecha a intención de motivar dar o paso a entrar dentro no corazón, na cabeza, nas entrañas....

Estamos a 13 días do 19 data fixada para o encontro da Coruña, coas inscricións actuais non poderemos celebrar ese encontro, nen o de Pontevedra do 26, pero o tempo xoga ao noso favor, somos conscientes de que estamos pondo toda a nosa enerxía en que a mensaxe chegue as 20 persoas que ten que chegar e que elas podan iniciar ou continuar camiño de vida en grupo, se non chega ou non existen esas 20 persoas non faremos o previsto, algo novo se creará xa que o camiño está empezando.



27 de xullo de 2022

Actualización Traxectoria profesional

 


Dende que empecei (2010) con esta experiencia de publicar na intimidade deste blog pouco difundido, non actualizara os datos nen a imaxe agora está ao día.