18 de outubro de 2026

De novo outono: Unha nova etapa

 




De novo no outono: unha nova etapa

O trinta de outubro do ano pasado estaba preparada para o inverno. Certamente, estábao, porque o inverno pasou, tamén a primavera e o verán, e aquí estou de novo no outono, sen escribir nada no blog.

Por unha banda, dáme alegría; por outra, sinto certa morriña por non ter deixado constancia de pasos importantes que fun dando neste tempo.

Avancei no cambio de traballo, na refundación de Boa Vida… Foron doce meses intensos, aos que se sumaron cambios importantes na miña vida persoal: parella, vivenda, fillo, amizades…

Pero o importante hoxe é que estou escribindo Contos das mil e unha noites no souto; que estou ilusionada coa transición cara a unha nova forma de vivir, despois de quince anos de rutinas e dunha dedicación exclusiva ás persoas en situación de pobreza e risco de exclusión, agora chamadas vulnerabilizadas.

E o importante é que, nesta nova etapa, están a darse sincronicidades marabillosas que me permiten relanzar a Escola da Vida e a consulta como terapeuta Gestalt, EMOVIDA, sen deixar de lado os proxectos colectivos, a través da Asociación Encontro Benestar Social.

Polo de pronto, vou subir o conto número 1, na súa versión sen revisar.

Quero que este blog siga sendo unha guía e unha memoria da miña traxectoria profesional, unha historia que me está dando tantas ledicias. Un espazo no que deixar constancia do camiño percorrido, tamén dos cambios, das aprendizaxes e das novas ilusións.

Porque ás veces, para comezar unha nova etapa, tamén necesitamos volver a mirar o camiño andado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario