28 de xuño de 2014

Facilitando o autocoñecemento



Acompaño a Mar Sánchez nesta linda proposta, pídenos mais información!!


Curso DE ERÓTICA, SEXUALIDAE E MOVEMENTO

Imparte: Mar Sánchez. Psicóloga-sexóloga.

O oxectivo deste curso é indagar no noso universo erótico e sexual os seus complementos ,como unha torta ben aderezada, iremos engadindo ingredientes ata dar o crear as nosas formas mais variadas no pracer e no universo dos sentidos, tomando conciencia das posibilidades da nosa sensualidade, e erótica e a súa expansión.

Información e inscricións:
Duración: 12 horas.
Datas: 25, 26, 27. xullo
Lugar: Muíño Garabelos (Ourense)
Custe: 150 ou 190, con pensión completa en tenda de campaña.

Telf.: 649 283 976/680130933 Mail:andainas@yahoo.es
Facebook: Mar Sánchez Fraga
Blog:supervisionsocial.blogspot.com

Grupo mínimo 6, máximo 15.






31 de xaneiro de 2014

Aprendendo de Traperos de Navarra e de Teresa




Como se pode ver non actualizo o blog mensualmente, é un camiño, un medio, non un fin, como medio de expresión para dar a coñecer onde estou, nas tres áreas profesionais nas que me desenvolvo que realmente son só unha a do TRABALLO SOCIAL con maiúsculas. 

Pero que transcenden dende a supervisión, dende o benestar social e dende a facilitación.

Pois dende esas tres áreas, estou cun equipo, construíndo utopía, nesta foto, Teresa e mais eu, na comunidade de Traperos de Navarra (2012), a utopía de que do empoderamento podemos pasar ao emprego e deste á comunidade, a ser, en definitiva Traperos en Pontevedra, en palabras de Abbé Pierre:

“los aparentemente inútiles con lo aparentemente inútil hacemos cosas útiles para nosotros, la sociedad y el planeta”. http://es.wikipedia.org/wiki/Abate_Pierre

http://emmaus-international.org/index.php?option=com_content&task=view&id=61&Itemid=86&limit=1&limitstart=4&lang=spanish

Actualizada información benestar, supervisión e facilitadora



Pequenos pasos para grandes camiñadas, así seguimos adiante na construción persoal e profesional. Nas diferentes pestanas pódense ver as novidades do 2013.

Supervisión



No mes de novembro do 2013, iniciei unha supervisión no CDR O viso http://www.cdroviso.org/, está sendo unha experiencia grata e rica, Con Edi González o Traballador Social que acompaño, temos previsto facer un artigo para poder afondar e compartir a tarefa realizada.

28 de novembro de 2013

Dentro de pouco resumo do andado

Permítome copiar aquí as palabras dunha compañeira traballadora social, fíxomas chegar ao meu correo electrónico, e con iso recordoume que teño pendente actualizar as últimas andanzas así que antes de que remate o ano actualizarei datos.

Grazas Montse!!

Hola Pepa, estiven ollando  o teu blog,  e de verdade que te felicito, me gosta moito ,  e ademais se nota que crees no que estás a facer,  eu te animo para que continúes traballando sobre este tema, e ademais que escribas un manual,  dígocho en serio.   Escribes moi ben ,  e moi claro a min polo menos me chega.
Un bico  e gracias por sumar e compartir.

2 de maio de 2013

Traballo de Fin de Grado en Traballo Social






A supervisión como mirada, como apoio e autoapoio, con esa intención estou afondando nas teorías e praxes da supervisión.

A idea e coñecer mais, dende o que xa está feito e dende o que se podería facer, para isto deseñei o obxectivo da miña investigación como:

"...Determinar el grado de conocimiento que los responsables técnicos de servicios sociales tienen sobre la supervisión en la intervención social...."

Agradezo a dispoñibilidade das persoas que voluntariamente me están axudando tanto concedéndome entrevistas como localizando informantes de calidade, reflexionando  e axudando a construír este espazo de mellora e sostemento, tan preciso sempre, pero mais agora que parece que todo o sistema que levou máis de 30 anos en deseñarse parece estar en vías de extinción

28 de novembro de 2012

Camiñando coa Gestalt

1-      28/11/12- Iniciar este espazo foi un proceso de meses que dificilmente poderei hoxe plasmar aquí. 

Camiñante non hai camiño... -Antonio Machado (1875-1939)- se esta frase tivo significado agora ten tamén significante, no camiño que a Gestalt abriu para min. Dende aquí compártoo sobre todo coas compañeiras de formación con quen e de quen tanto aprendín. (Zecilia, Raquel, Bea, Ana G, Ana F, Alberto, Andrés, e Robert). 

Vai por nós e polas persoas que coma nos camiñan e fan camiño. 

Para recoller aquí os inicios, nomeo a Ramiro e a Escola Pañña, con quen empecei, e a Francisco Peñarrubia e Claudio Naranjo aos que lin con avidez.

A María Rodríguez, a miña terapeuta con quen sigo camiñando.

A Xurxo  que entendeu á primeira o que pretendía coa miña imaxe corporativa.   www.dseña.com 
  
A Valle, da escola Guibor de Santiago con quen tal vez siga o meu proceso de formación en Gestalt.
 
A http://gestaltnet.net. Que me acabo de atopar e que conecta co meu sentir.

 "Quienes formamos Gestaltnet.net deseamos que éste sea un espacio de co-creación de unacomunidad de personas interesadas en la terapia Gestalt, donde poder intercambiar recursos útiles y servicios de comunicación que posibiliten el contacto entre nosotros". 

Déixovos e convídovos a camiñar xuntos.

Breves das dúas obras de lectura do primeiro ano:

Da “Terapia Gestalt. A vía do baleiro fértil”, de Francisco Peñarrubia”. Sinto que obtiven coñecemento, que este é un manual básico para coñecer a Gestalt no seu conxunto, ordenada, sistematizada, coas súas luces e as súas sombras.

Do segundo “A vella e novísima Gestalt”, de Claudio Naranjo, recibo o cariño que transmite Claudio, a autenticidade da construción no presente, e síntome parte desa corrente. Ao mesmo tempo remato coa pena de non poder estudalo e compartilo con outros aliados. Estarei atenta cando cheguen.

Grazas a Pañña. http://www.gestaltgalicia.com

A vella e novisima Gestalt
Claudio Naranjo
Tradución autorizada polo autor
Editorial Cuatro Vientos
Madrid 1990
 
 http://www.fundacionclaudionaranjo.com/index.php
Pax. 276. “Penso que a terapia gestáltica, aquel revolucionario método que floreceu e xurdiu na cultura de fai quince anos atrás, actualmente corre o risco de converterse nunha ortodoxia mais, nun monopolio similar ao da psicanálise no pasado. E penso que hoxe en día sería apropiado – cando a Gestalt é amplamente recoñecida- que flexibilizara mais os seus límites, para así facilitar o desenvolvemento dunha Gestalt mais ampla: un enfoque holístico onde as capacidades do individuo para traballar en si mesmo foran empregadas na práctica meditativa e da toma de conciencia da vida diaria, e onde o traballo corporal así como tamén unha perspectiva mental sobre o desenvolvemento humano contribuíra  ao proceso de crecemento do individuo –ademais das sesións de terapia propiamente tales. A terapia gestáltica entón serviría aínda mellor á súa función, como un elemento valioso nun mosaico que, ao mesmo tempo, a complementaría e apoiaría.”


A vía do baleiro fértil
Francisco Peñarrubia
Alianza Editorial
Madrid 1998
http://psicoletra.blogspot.com.es/2012/06/francisco-penarrubia-terapia-gestalt-la.html
 
ARTE E CREATIVIDADE NA TERAPIA
  
A superación do debate técnica - intuición, conecta coas artes como expresión de técnicas e “intuicións” dos artistas.

Ambas se complementan non poden ser a unha sen a outra, e a terapia e a arte son tamén complementarias xa na súa expresión mais xenuína representar o invisible o máxico axudaba a curar as enfermidades.

Peñarrubia fai un excelente percorrido polas diferentes expresións artísticas e a súa conexión coa psicoloxía, dende Freud nas explicacións do inconsciente na literatura e artes plásticas ate Fritz que conecta o baleiro fértil co proceso de creación artística.

A terapia conecta coa arte na expresión dos feitos creadores humanos, todos somos creadores, e artistas na entrega e receptividade, na liberación dun mesmo e do coñecemento intelectual, no estar mais que no facer, e na arte de ser un mesmo, unha mesma ante a vida, permitíndose a espontaneidade e o non saber como forma de creación, coñecendo as técnicas e esquecéndoas, convivindo coas limitacións e cos recursos propios.