28 de xuño de 2014

O traballo de Mar Sánchez



Mar Sánchez. Psicóloga, sexóloga, terapeuta transaccional, posgrao en psicodanza, formación en danza e teatro.

Experiencia en traballo con grupos durante 24 anos, en diversos espazos,

Programas de sexualidade, saúde e igualdade para a poboación en xeral e especialidade con adolescentes e mulleres.

Formadora en psicomotricidade e resolución de conflitos.

Dinamizadora de obradoiros de crecemento persoal e creativos, sexualidade, erótica ,emocións, teatro e creación de contos, arte terapia...

Traballo como psicóloga con persoas con trastorno de conduta.

Terapeuta individual e de parella.

Referencias da formación realizada:

Teatro. http://espazoaberto.net/

Facilitando o autocoñecemento



Acompaño a Mar Sánchez nesta linda proposta, pídenos mais información!!


Curso DE ERÓTICA, SEXUALIDAE E MOVEMENTO

Imparte: Mar Sánchez. Psicóloga-sexóloga.

O oxectivo deste curso é indagar no noso universo erótico e sexual os seus complementos ,como unha torta ben aderezada, iremos engadindo ingredientes ata dar o crear as nosas formas mais variadas no pracer e no universo dos sentidos, tomando conciencia das posibilidades da nosa sensualidade, e erótica e a súa expansión.

Información e inscricións:
Duración: 12 horas.
Datas: 25, 26, 27. xullo
Lugar: Muíño Garabelos (Ourense)
Custe: 150 ou 190, con pensión completa en tenda de campaña.

Telf.: 649 283 976/680130933 Mail:andainas@yahoo.es
Facebook: Mar Sánchez Fraga
Blog:supervisionsocial.blogspot.com

Grupo mínimo 6, máximo 15.






31 de xaneiro de 2014

Aprendendo de Traperos de Navarra e de Teresa




Como se pode ver non actualizo o blog mensualmente, é un camiño, un medio, non un fin, como medio de expresión para dar a coñecer onde estou, nas tres áreas profesionais nas que me desenvolvo que realmente son só unha a do TRABALLO SOCIAL con maiúsculas. 

Pero que transcenden dende a supervisión, dende o benestar social e dende a facilitación.

Pois dende esas tres áreas, estou cun equipo, construíndo utopía, nesta foto, Teresa e mais eu, na comunidade de Traperos de Navarra (2012), a utopía de que do empoderamento podemos pasar ao emprego e deste á comunidade, a ser, en definitiva Traperos en Pontevedra, en palabras de Abbé Pierre:

“los aparentemente inútiles con lo aparentemente inútil hacemos cosas útiles para nosotros, la sociedad y el planeta”. http://es.wikipedia.org/wiki/Abate_Pierre

http://emmaus-international.org/index.php?option=com_content&task=view&id=61&Itemid=86&limit=1&limitstart=4&lang=spanish

Actualizada información benestar, supervisión e facilitadora



Pequenos pasos para grandes camiñadas, así seguimos adiante na construción persoal e profesional. Nas diferentes pestanas pódense ver as novidades do 2013.

Supervisión



No mes de novembro do 2013, iniciei unha supervisión no CDR O viso http://www.cdroviso.org/, está sendo unha experiencia grata e rica, Con Edi González o Traballador Social que acompaño, temos previsto facer un artigo para poder afondar e compartir a tarefa realizada.

28 de novembro de 2013

Dentro de pouco resumo do andado

Permítome copiar aquí as palabras dunha compañeira traballadora social, fíxomas chegar ao meu correo electrónico, e con iso recordoume que teño pendente actualizar as últimas andanzas así que antes de que remate o ano actualizarei datos.

Grazas Montse!!

Hola Pepa, estiven ollando  o teu blog,  e de verdade que te felicito, me gosta moito ,  e ademais se nota que crees no que estás a facer,  eu te animo para que continúes traballando sobre este tema, e ademais que escribas un manual,  dígocho en serio.   Escribes moi ben ,  e moi claro a min polo menos me chega.
Un bico  e gracias por sumar e compartir.

2 de maio de 2013

Traballo de Fin de Grado en Traballo Social






A supervisión como mirada, como apoio e autoapoio, con esa intención estou afondando nas teorías e praxes da supervisión.

A idea e coñecer mais, dende o que xa está feito e dende o que se podería facer, para isto deseñei o obxectivo da miña investigación como:

"...Determinar el grado de conocimiento que los responsables técnicos de servicios sociales tienen sobre la supervisión en la intervención social...."

Agradezo a dispoñibilidade das persoas que voluntariamente me están axudando tanto concedéndome entrevistas como localizando informantes de calidade, reflexionando  e axudando a construír este espazo de mellora e sostemento, tan preciso sempre, pero mais agora que parece que todo o sistema que levou máis de 30 anos en deseñarse parece estar en vías de extinción