12 de xaneiro de 2019

Facendo e desfacendo vai a burra aprendendo

No mundo da psicoloxía, chamase, ensaio erro, para min na vida chamase, se loito podo perder se non estou perdida.(regalo indio de Isabel Camba)

A páxina CONTO DE CONTOS, nace en setembro despois dun parto longo tal vez 3 ou 4 anos, ou mais canto tempo María?, 

Canto tempo levamos mercando libretas e apuntando anecdotas para escribir un libro?, debes ter ti a primeira libreta coa data mercada na estación de autobuses de Santiago, a idea foi pasando por fases diversas e finalmente colleu impulso ao ter nome, CONTO DE CONTOS, será o que teña que ser, igual que a criatura que nace, e se constrúe, como vedes nace con faltas de ortografía, cunha literatura sen pulir, así son os bebés imperfectos, así é a vida.

Na foto a mai Brixida, Maria José no chan de pé e no colo, Cristina e eu. Simbolo dunha muller que con dous brazos sacou adiante 9 fillos, e axudou a criar 4 netos, case seguro que mais. Feita a foto sobre un pano de cociña, que para a nosa familia ten un simbolismo que aparecerá nun conto se é que algún dos primos quere escribilo.

Que así sexa, así é, feito está. Grazas, grazas, grazas.

Inspiración

Un libro te contos ten que empezar… co clásico … Había unha vez…. E rematar cun … colorín colorado este conto está rematado….

Pois vai o conto que nos inspirou os seguintes contos….

Había una vez una aboa, que se chamaba Brigida Carballo Lorenzo, que se casou co mozo mais guapo da familia dos Finos, das terras de Pixeirós onde a raiña loba foi asasinada nun acto de venganza por un Martínez.
Pois esa aboa, é a miña aboa, a mai Brixida, ela era una muller avanzada aos seus tempos viuva, valente, e sobre todo tranquila e alegre, sempre cun sorriso e disposta a sentarse ao pe da lareira a contar un conto, iso si, despois de ver a misa pola televisión, que co cura do pobo non se falaba.
Ela sabía historias de mulleres, de homes, de amores, e desamores, … cando nos vía prepararnos para ir de festa, sempre dicía:
  • Tranquila que o que está para ti non o leva outra.
Ou :
  • Tranquila que onde hai una anduriña hai un anduriño.
Así foi como co paso dos anos fun recopilando os contos da miña aboa, e das ancestras que hoxe se fan presentes nestes contos, que como di o cantar….
“soy una niña salvaje inocente, libre y sincera… tengo todas las edades.. mis ancestras viven en mi”.
Leredes nestes contos historias reais, que poden ser de experiencias, de vida, amor, e morte, , do seculo XXI, ou de calquera tempo, esperamos que nalgún fragmento deles podas dicir:
  • E certo que é real, eu vivin iso.
E nese caso nos envíes un email, contándonos a túa historia, con ela seguiremos facendo contos novos nos que compartir, alegrías e tristruas, amores e desamores e sempre vida e esperanza.

A miña aboa xa non vive, pero Susana, María, Patricia, Mati, Carmen, e Javier, empuxaron e quixeron que escribirá estes contos que vos iremos presentando pouco a pouco como se facían os contos cando o audiovisual non metía presa, e a historia dos músicos de bremen podía durar unha semana, ou Basilisa a sabia, acompañábanos meses ate que comprendíamos o que nos quería contar.


E colorín colorado este conto está rematado.

24 de novembro de 2018

Alegría

Pensaba que non escribira nada este ano, e resulta que si, xa hai entradas, hoxe creei unha nova pestana, para o proxecto. CONTO DE CONTOS.

Levo como dous anos pensando en escribir, sobre o amor despois do amor, entre comillas todo el, e por fin onte, grazas a persoas que están dende fai pouco na miña vida puiden escribir, e con elas deseñar o que vai ser esa publicación aquí no blog. Para o día 1 do 2019 o primeiro conto.

3 de xuño de 2018

INTERVISION ANO 1


Co fin do curso escolar tamén nós nos tomamos un descanso, subo este breve para agradecer e facer presente a valía do camiño andado.

Agradecer ao Concello de Santiago de Compostela, o espazo, 
unha sala sempre dispoñible na Praza do Mataoiro.

Agradecer a Zecilia, a ilusión e o apoio na posta en marcha do grupo.

Agradecer atodas as persoas que durante o camiño puxeron enerxía, difundindo, tendo a intención de vir, (Nekane e Elena), e e ás que fomos, aos encontros de intervisión, a min mesma por poder verme mais alá da carencia, a Marta, a Pablo, a Ana, a Carmén, a Paca, por porse en xogo, por dar de si mesmos e compartilo, pola escoita e por facer posible, util, nutritivo e ilusionante o ENCONTRO.

Cinco encontros, (outubro, decembro, febreiro, abril, xuño) atoparnos, darnos estrutura, compartir, casos, proxectos, dilemas vitais, damos e recibimos, o que nos serve incorporamolo o que non desvotamolo, o que hoxe non vemos outro día podemos velo. 

Pechamos o ano 1. 2017-2018

Abrimos o ano 2. 2018-2019

Eu fago o meu ti fas o teu
Non estou neste mundo para encher as túas expectativas
E ti non estás neste mundo para encher as miñas

Ti es ti eu son eu
e se por casualidade nos atopamos é fermoso
se non, non pode remediarse

Perls, 1974



31 de marzo de 2018

Continuo camiño co ENEAGRAMA

Despois de dous anos sen ir a talleres e coa formación en Gestalt rematada o camiño de coñecerme precisaba entrenamento, fun a Águilas, en Murcia, atopeime cun equipo terapeutico impresionante, dos Comités de Educación da Fundación Claudio Naranjo e a 54 persoas que tamén están no camiño, choramos, rimos, entrenamos o músculo e seguimos a andar. 

Agora coñezo mellor o meu monstruo, vexoo de frente, ate o quero por momentos, .... 

Non podia faltar o ingrediente solidario no meu camiño:
TRAPEROS DE EMAÚS DE MURCIA,  alí me acolleron e me acompañaron no andar de Boa Vida.

A Pelrs, a o Abé Pierre, e ás mulleres anónimas que andan por este lares.

GRAZAS POR EXISTIR SER E COMPARTIR.

15 de novembro de 2017

A Boa Viaxe



Xa me falta un post de fondo…., e aínda non podo facelo, solo transmitir que rematando o ano, sigo camiñando, atopei este peto de ánimas en Portugal, camiño querendo ser a señora da boa viaxe, coa xente de Boa Vida, co novo grupo de Intervisión e Gestalt, e como non, coas mulleres, co Circulo de Mulleres, con Olmo e con novo amor,  vai o meu desexo para o 2018. Tres Pots, 1- Camiño da Boa Vida, 2- Os grupos na vida 3-A Gestalt … fago o mesmo ,vivo, no traballo, na familia, cos amigos, … incluso cos inmigos…
CAMIÑO

23 de abril de 2017

Camiñante non hai camiño



Xa ano dende a última entrada, … dos ditos aos feitos…, un compañeiro de Boa Vida díxome esta semana que predico diferente do que fago, debe ser que ando a facer e publico pouco… sempre se agradecen esas críticas construtivas que queren achegar.
Hoxe abro o blog e vexo que fai un ano que publiquei, vou actualízalo un pouco cos datos actuais e a seguir CAMIÑANDO.