Xaneiro 2011-novembro 2013
Santiago de Compostela
Formación en competencias e habilidades de supervisión no ámbito psico-social
A supervisión en Traballo Social é a análise da práctica dos seus profesionais. É un metatraballo que se sitúa na interface entre a formación e o apoio profesional, conducida por un consultor externo á organización. A supervisión é un proceso e unha relación que ten o obxectivo de revisar o quefacer profesional e os sentimentos que o acompañan, así como contrastar os marcos teóricos coa praxe cotiá dos profesionais.
Serve para reflexionar e ser capaces de ver as cousas, dende outra perspectiva é, en moitos ámbitos profesionais, unha actitude importante para unha boa actuación.
Nos procesos de supervisión fortalécese a autonomía persoal e desenvólvense alternativas de actuación no ámbito profesional.
A supervisión fomenta as habilidades persoais de cada un e favorece o proceso de desenvolvemento e de reflexión.
A formación achega a nivel individual a posibilidade de revisar de reaprender de nós mesmas e situar as queixas, os logros, os fracasos, os retos e os conflitos. De traballar mais satisfeitos, tendo unha visión de conxunto, sendo conscientes do proceso que cada día creamos nos postos de traballo.
Obxectivo
Formar profesionais especialistas en supervisión, dotalos da preparación teorico-practica necesaria para poder exercer como supervisores a nivel individual ou de grupo, tanto en institucións publicas como privadas.
Metodoloxía
Combinarase a teoría e a práctica, cun seguimento intensivo do alumnado, sendo a experimentación e o adestramento as principais guías de traballo. 600 horas de formación distribuídas en seminarios presenciais, sesións de supervisión individual e de grupo, traballo persoal, auto-experiencia, e practicas.
Dirixido a
Profesionais que queiran formarse para traballar como supervisores no ámbito psico-social e/ou mellorar a súa intervención técnica, con especial énfase cara a aqueles que traballan no exercicio libre de profesións do ámbito social, e en equipos de:
- Servizos sociais
- Distintos departamentos dunha organización / empresa / institución
- Institucións de saúde, servizos médicos
- Institucións de educación, profesores de primaria e secundaria
- Servizos culturais
- Administracións públicas
- Sector de servizos (trasporte, loxística, limpeza, infraestruturas...)
Docentes coordinadoras
Responsable do curso e das supervisións de grupo e individuais
Carmina Puig Cruells
Traballadora social, psicóloga e supervisora en institucións. Profesora titular da Universidade Rovira e Virgili, Tarragona. Membro de ISPA e do EAS. Especializada en organización de equipos, deseño de programas e planificación de proxectos. Colaboradora de Indiálogo.Susanne Rieger
Supervisora EAS, coach, licenza en socioloxía, formación en análise transaccional e en educación de adultos. Coordinadora de proxectos europeos. Directora de Indiálogo.
Ademais co-trainer con Jesús Hernandez Astriu, Martina Erpenbeck e outros.
Titulación
Ao rematar a formación Indiálogo en cooperación co instituto alemán INITA emite un certificado que está recoñecido no ámbito europeo pola EAS (European Association for Supervision) e a ISPA (Instituto de Supervisores Profesionais Asociados)
Requisitos
- Título universitario das áreas de ciencias humanas, sociais ou actividade profesional demostrada.
- 3 anos de experiencia laboral.
- Entrevista persoal e explicación - por escrito - da motivación por esta formación.
Inscrición e matricula
Pre - inscrición ata 15 de Novembro 2010
Matrícula: 1º pagamento: 1900 euros, ata o 20 de decembro
2º pago,1900 euros maio 2012.
O instituto "Indiálogo" resérvase o dereito de admisión e exclusión de calquera participante na formación por razóns xustificadas.
Enviar correo electrónico solicitando entrevista a supervisionsocial@gmail.com, ou por telefono 680 130 933, cos seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Dirección Postal
- Correo electrónico
- Teléfono
- DNI
- Profesión
- Ocupación
- Centro de traballo
Programa de formación
Os diferentes temas do curso están organizados en módulos - bloques. Cada bloque componse, como compoñentes do proceso formativo, de auto experiencia, coaching, análise da práctica e teorías.
1. Módulo: coñecementos básicos
· Coñecemento dos membros do grupo - Posicionamento de cada un
· Introdución á análise transaccional
· Aproximación ás técnicas de entrevista e de asesoramento
· El proceso de asesoramento
· Iniciación á xestión de conflitos
· Introdución á teoría sistémica
· Introdución á dinámica de grupo
2. Módulo: coñecemento avanzado
A partir do segundo módulo, os participantes deberán empezar un proceso práctico de supervisión na súa práctica profesional.
· Xestión de proxectos
· Metodoloxía / planificación e deseño dun proceso
· Análise transaccional
· Teoría sistémica
· Xestión de roles e análise de roles
· Teoría gestáltica
· Conceptos de coaching
3. Módulo: análise da práctica e transferencia do coñecemento
· Desenvolvemento da organización
· Establecemento do contrato co cliente
· Técnicas de Intervencións
· Formas de Liderado
· Preparación dun exame
· Avaliación da formación
4. Módulo: avaliación da formación e exame final
Ao exame asisten profesores externos á formación
1- Elaboración dun diario de campo, onde consten e se analicen as experiencias co grupo de formación. A participación en sesións de coaching individual, de grupo e de supervisión de equipo.
2- Unha memoria de 20 páxinas que reflicta como se aplicaron os conceptos na súa vida profesional. Previamente, esta memoria debe ser aceptada polos responsables da formación.
3- Un coloquio onde cada alumno presenta e analiza un caso ante unha comisión de avaliación externa ao grupo de formación.
Información personalizada:
Pepa Vázquez
Teléfono. 680 130 933
ORGANIZA
Indiálogo
Instituto de formación e desenvolvemento profesional e persoal
indialogo@telefonica.es http://www.indialogo.es/
Colaboran na difusión:
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e Colexio Oficial de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.