Solitis ou vivitis. En galego (Solite, ou vivite)
Había unha vez unha muller nun país sen nome que....
Remataba unha tarde de domingo tomando un Godello de Moterrey cuha imaxe dun Cigarron, parecía que pasara o día soa, pero era mentira, tódalas súas pantasmas estiveran presentes e tamén o viño, ese compañeiro que igual que o entroido, sempre vota unha man nos momentos difíciles.
A nosa amiga, facía balance dos últimos anos, dos últimos domigos... como aqueles meses de convivecia e horarios co pai foran definitorios, dos domingos ao igual que os últimos 15 anos con viaxes tódolos meses á terra que a viu nacer, os amores que se foron..., tamen dos 19 anos de crianza que pronto farían que todos os domingos fosen como este, soa na casa....
Despois do balance, as previsións intentaron entrar pero ese día dixo, non!, hoxe non é momento de ir ao futuro, os retos dos novos pasos, teñen que esperar porque hoxe é domingo!!!.
¿Para que son os domingos?... anos antes eran para fregar aquel piso de madeira cun cepillo duro, ir a misa e a discoteca pola tarde, estudar, sentarse fronte ao lume, ou viaxar duha cidade a outra, para empezar uha nova semana, no verán praia, no inverno casa, durmir, pasear, quedar con amizades ou quen sabe... acurrucarse baixo unha manta no sofá, charlar, ver unha peli e rematar facedo o amor.... ir a bailar, ...ou durmir porque o día antes se foi de festa,... por lavadoras, ir ao xardin... falar por telefono...
E agora que?, un domingo para a soidade, para a orde, para curar a solitis que noutros tempos a levaron a fuxir daquela soidade...de vida...de casa baleira.. de sentir que se empezaba a chorar ou se quedaba quieta algo a paralizaría para sempre...
Pois agora sabe que non, e froito do traballo sobre ela mesma, pudo, recrear un domingo de xaneiro, de por lavadora de dobrar roupa de limpar e regar as prantas, convidarse a comer soa, durmir a sesta e apoiarse nunha boa amiga para erguerse, actualizar temas de informática, e ate colocarse a mascarilla mensual que se convertiu en cuatrimestral no ano anterior, e pintar un mandala e sobre todo.... puido facelo sen comer chocolate, nen sentir angustia, confiando en que a nova etapa ía traer mais do que xa colleitara noutras ocasións, boas amizades, lucidez para rectificar nos erros e tempo para compartir.
Aquel domingo foise a durmir tranquila pedindo que lle fose propicio o despertar, un lúns único como o foi o momento no que me contou este conto, sen saber se padecía de SOLITE ou VIVITE.
Notas. Solitis. Enfermidade que padecen aqueles seres humanos que estando en soidade se senten insuficientes e corren a cobixarse noutro humano. Pode chegar a facerse persistente, se non se trata, conducindo ao que se ven chamando solitis cronica.
Vivitis. Enfermidade que padecen aqueles seres humanos que ánsian da vida algo mais que comer, durmir, consumir.... producida por un exceso de pensar, falta de sentir e un desquilibrio no facer. Moi comun pouco común no seculo XXI. Ten fácil tratamento.
Conto 10.Verán 2022
CANTO TEMPO LEVA VIVIR???
Había unha vez unha muller que vivía nun pais moi lonxano.....que entrada a década dos 50 e relacionándose con persoas doutras décadas, 60, 70, 80... observando a vida…. Preguntouse … ¿canto tempo leva vivir?
Aquela muller era amante da Boa Vida, perseguía esa meta do bo vivir, foi dende que, ao entrar na década dos 40 decidira por atención aos minutos vividos …. como se fosen os últimos… xa a morte a visitara na década dos 20 e dos 30 con suficiente impacto para saber que pasamos por este plano e nos vamos….
Pois escoitando persoas que estaban en idades xa avanzadas, e non tan avanzadas....foi vendo ...por exemplo…. que a sexualidade para homes e mulleres cambia cos anos, a veces desaparece tal e como se coñeceu outras cambia a algo novo, e que en cada persoa é diferente aínda, que sempre hai similitudes, ….preguntouse … ¿como será a miña sexualidade despois da menopausia?
Outra temática que lle interesaba era a de pan, traballo e teito, ela xa tiña todo iso, pero algo non lle cadraba no que escoitaba nas persoas que, non tiñan horario laboral; delas aprendeu que o tempo invertido en ganar cartos, é dicir o traballo, é un tempo … non quería dicir… perdido… pero ao que se lle debe prestar atención para que vivir e traballar sexan un so estado… isto aprendeuno das amizades desempregadas, ou xubiladas…. Parece diferente pero non o é, se o desemprego che permite ter teito, comida, amizade… saúde, e amor….. claro… E preguntouse como empregarei o meu tempo cando me xubile ou cando esté sen o horario laboral actual?
Aquela muller era afortunada, o tempo empregado en ganar cartos era para ela un tempo para si mesma, tivo a fortuna de acompañarse de moitas persoas desempregadas que coñecían o segredo da vida, e grazas a iso puido ganar para vivir e investir tempo en si mesma esas horas de “...traballo….” eran horas para a vida.
Despois de escoitar, vidas e preguntas, recordou o seu lema, o da vella canción de “tres cosas hay en la vida,.... salud, dinero y amor...” e puido dicir que facer a compra, cociñar, comer, ducharse, coidar a casa, estar cos que queres, bailar, escoitar musica, ler, meditar, ir en bicicleta, charlar, escoitar, educar fillos, convivir con parellas, buscar parellas, romper parellas, manter relacións, ir a clases, aprender un idioma, ou a tocar un instrumento….ou ensaio e error…. de probar para saber o que quería, o que lle facía ser feliz…..Era realmente VIVIR, e que todo iso que ela xa facía cambiaba moitísimo se o tempo de ganar cartos estaba delimitado por un horario ou non….ou os tempos de crianza… ou os tempos de coidar os maiores… entón... chegou a algunhas conclusións e a moitas preguntas:
Conclusión 1. Cando aquelo que consideramos vida se ve e se coida podemos despegarnos de patróns … sexan os que sexan… patróns que nos din por exemplo: hai que ducharse a diario, hai que aspirar a casa a diario, hai que facer o amor a diario, hai que ganar cartos…. Hai que ...hai que… mandatos ou patróns que poden servir para vivir ou mal vivir, e cando os horarios non veñen marcados de novo empezamos a pasar horas no supermercado, na cociña, na cama, na limpeza, en gañar cartos…. Pero se non se ve e se coida esa vida, non nos desapegamos deses patróns e podemos atoparnos ante un….. non teño tempo…
e preguntouse…. a que dedico o tempo para non ter tempo?
Conclusión 2. Ela tiña que desobedecer. Todos os patróns posibles…. Para ver … sentir… pensar… o que ela quería para VIVIR, … decidiu empezar por perder o tempo, desempregalo non aproveitalo… probar a non ducharse, a non cociñar, a non coidar, a sentarse nun bar escoitar as conversas alleas.. mercar cousas inútiles,… e preguntouse….. Perderei o tempo ou gañareino?.
Conclusión 3. O tempo mais rico resultou ser aquel de …….
escoitar o seu fillo sen estar pensando na resposta a dar… gardar silencio despois de escoitr… escribir mais tarde o que lle gustaría aconsellarlle e meses despois entregarllo,
Sentarse a escribir mentres outro fai a compra, a comida ou coida….
Levantarse tarde, meditar, ….ou intentalo… marchar de viaxe… masturbarse… ligar cunha nova persoa… ler…. Estar con persoas que aprecia….e decidir non estar coas que… a pesar de apreciar non é o momento de estar… de empregar o tempo niso….
E volta a empezar… a ver… verse… pararse… darse permiso sempre para dicir si ou non, coa liberdade de ser fiel a si mesma e de equivocarse…. E de volver a empezar.
¿canto tempo leva vivir? Todo o tempo leva vivir, cada minuto é vida, e cada día é vida vivida, solo con darse conta diso en cada respiración en cada abrazo.
Esa foi a única resposta que atopou, as outras aínda segue agora na súa busca.
Colorin colorado este conto está rematado.
Do libro
Constitución para a vida
Lei fundamental para vivir e morrer en paz
Titulo 51.
Capítulo 1º
Artigo 1. Todo feito
Aquela mañá despertou con enerxía, a pesar de ter durmido mal, varios ruídos fixeron que se despertara, o que mais lle pedía o corpo era moverse estirarse no chan, escoitar a meditación do curso e ver que sentía despois.
Así o fixo, non sen antes revisar watsaap e telegram, … despois decidiu ducharse depilarse e pórse hidratación …tamén chamar unha amiga…. Nese proceso deuse conta de que tiña enerxía de que dende había moito tempo tal vez a primeira vez na súa vida, tiña todo feito, era un sábado, a compra na neveira ou á espera de colocarse, a roupa seca e gardada ou á espera de por nova lavadora, a casa limpa, o xardín mais ou menos axeitado, e o resto do tempo felizmente planeado, unha amiga e escritora vistaría, outra esperaba dar paseo antes, outras dúas acompañariana a bailar e ao día seguinte iría a traballar nese continuo de Tao no que se convertera o traballo ultimamente.
O pensamento que lle veu foi, de felicidade, de verse coas dores non resoltas, aquelas que a acompañaban dende había tempo e que tal vez a seguirían acompañando moitos anos, ate morrer, e que cada vez ía aprendendo a darse os analxésicos mais axeitados para que a feridas abertas, fosen collendo callo e despois pasaran a cicatriz.
Atendendo as tres claves nas que ela se manexaba, quixo contarvos cal era a situación actual influenciada polo triptofano que levaba tomando tres días.
A primeira o amor.
O amor de parella o que mais a desequilibra, miraba atrás, e comprendía perfectamente coa cabeza pero o instinto e o corazón non se puñan de acordo, a cabeza ben guiadiña dicía que estaba todo ben, que a soidade xa non causaba angustia, e que o camiño era o correcto, o instinto levábana por direccións escuras, e o corazón seguía anhelando aquel amor de alma, corazón e vida que xa pasara e que se resistía a ser enterrado para sempre.
O amor filial, estaba encamiñado, pai e fillo nun lugar onde si que os tres centros se alineaban, coas súas loitas e períodos de guerra e paz, e o amor fraterno tamén tiña o seu carroucho trazado, con dor e tamén rancor, por aquelas mulleres que estaban mais presentes se non tiñan parella e cando a tiñan desaparecían sen compartir nen un café á semana durante meses, por un lado comprendía, .....a cabeza dicíalle que así era para elas e que tiña que respectar os seus ritmos..., pero o instinto e o corazón doídos recamaban xustiza, dicindo que se durante meses non houbo dispoñibilidade agora tampouco ela debía estar disposta, ... sempre vencía a disposición ... disposta si, non sempre dispoñible, esa era a razón pola que se estaba aprendendo iso para si mesma, podía practicalo coas mulleres da súa vida.
A segunda a saúde, se aquel día se despertou, con enerxía, quería dicir que a saúde estaba ben, o corpo san, a cabeza coas dores habituais atendendo os desordenes do amor, e dos bens materiais.
A terceira os cartos e o que facilitan a vida, tiña naquel momento a bancarrota mais grande dende os 21 anos, unha débeda de 17.400 euros, cuestión que para o seu carácter era unha fenda importante, isto sumado a suba dos produtos básicos alimentos, luz, carburantes..., facía que por momentos se bloqueara e non pensara con claridade, aquí o que mais lle axudaba era deixarse fluír, confiar, durmir, descansar para que como dicía unha vella amiga, a “listeza” volvera a acompañala e puidera seguir pagando a débeda e desfrutando dese tempo libre, con todo feito, .....e consagrarse á materialización aquela frase escrita no seu diario en maio do 2004.
Co meu pensamento fágome a min
Son libre para ser feliz.
CONTO 8. 28 NOV 2021
Un conto con dous finais,….
Había unha vez un home de corazón nobre, que vivía nunha lonxana cidade, chegou a ela despois de moito andar e andar, e de romper o corazón varias veces, non sabemos cantas, o caso é que un día un amor que parecía que viña a curar as vellas feridas, que ao igual que as xaras xaponesas collen valor coas roturas pegadas con ouro, resultou ter como final un novo rasgado no corazón xa cansado, e unha noite de inverno chamou a unha vella amiga para contarlle...
Buenas noches, amiga, tengo el corazón en pedacitos, y tengo la necesidad de expresar lo que siento.
Hay una sensación muy fuerte que me duele mucho, y es que la guerra sentimental la tengo perdida, y lo único que hago es intentar ponérselo difícil al enemigo, que el enemigo no me humille fácilmente.
Evidentemente tengo muchos factores en contra: hombre gordito, no muy agraciado, pobre, sin estabilidad laboral, con inseguridades impropias en el marco social establecido de lo que es la masculinidad, sensible hasta el llanto, y que tampoco es la alegría de la huerta, precisamente (además de que no sé bailar...).
Pero todos esos factores hacen que yo sea Antonio Jiménez Losada, y no otra persona, la persona que quizás mi familia, la sociedad o algunos conocidos/as quisieran que yo fuera... Todo eso me hace frágil y diferente a la vez.
Así que creo que no debo buscar más... Si alguna mujer me encuentra, maravilloso... Y si no me encuentra (que sería lo más normal, ya que en este terreno suelo pasar bastante desapercibido), pues tendré que convivir con ese dolor interno (ya aprendí a convivir con otros dolores, eso forma parte de mi propio ser) y seguir sacando lo mejor de mí, aunque me duela el alma.
No se puede tener todo en esta vida, y yo bien lo sé, que apenas tengo algo, únicamente: mi dignidad como persona...
Ela escoitou paciente,…. Solo lle dixo, que esa era solo unha cara da moeda, que pechara os ollos que durmira esa noite pensando, sentindo e imaxinando a outra cara da moeda, como sería??….
Ao día seguinte pola mañá, chamouna nada mais espertar, e díxolle …..
Buenos días!!! acabo de soñar con el otro lado de la moneda, tal y como me pediste a noche, ahora sigo con el corazón en pedacitos,y se que todo tiene dos caras y que si me enfoco en la que soñé puedo ser mas feliz, te cuento:
En mi sueño estaba sentado en una playa urbana, con una sensación muy fuerte de dolor y empecé a escribir, …. Este gran dolor de mi corazón es debido a que he salido roto de esta nueva relación, también me he fortalecido, creo que ha sido muy injusto recibir medias verdades, así que mejor que se valla de mi vida.
Soy una persona estupenda, con mis defectos y virtudes como cualquiera, estoy gordo, mi sobrepeso me hace poco atractivo, y camino cada día media hora y cuido mi alimentación para ver como adelgazar y quererme más, tengo unos ojos preciosos, y he sabido salir adelante economicamente de forma digna, también tengo amigos que me aprecian aunque no sea un ejemplo de masculinidad al uso, y no sepa bailar, ha habido mujeres que me han querido y a las que he amado, por lo tanto se que soy apto para el amor, y que como me gusta la vida en pareja algún día llegará esa persona con la que envejecer y compartir en lo intimo de mi corazón momentos de ternura y cuidados.
Esta es la versión de mi mismo que muestro al mundo, y si he de estar solo pues seré muy feliz, ya que no vale cualquiera para estar a mi lado, esa persoa ha de ser como minimo semejante a mi, con sus defectos y virtudes.
Así que seguiré abierto a que ese amor aparezca, con los ojos bien abiertos, y mi corazón lleno de trocitos de oro como los jarones japoneses, sabio, sereno y valioso con ese brillo dorado. Asi que puede dar su propio resplandor y ser fácil de encontrar, además tiene visión nocturna para encontrar otro semejante.
Novamente escoitou…. dicir nada, …. bueno si, cando rematou dixolle:
Felicidades!!
Esta entradas coma todas é improvisada, durante un tempo rondame unha idea na cabeza, algo relacionado co que estou vivindo, logo vou ao blog, e …. empezo cun…..
Había unha vez,…. un vello camiñante, de 84 anos, atopábase, despois de moito andar na casa da súa terceira filla, non se sabe que pasaba pola súa cabeza os recordos de toda unha vida viñan e marchaban de forma inesperada, e o mais difícil era recordar onde tiña que durmir despois de tomar a merenda....
Logo fago uso da escritura expresiva e sae o que sae....
Hai cuestións na vida que veñen de serie, sen que teñamos que programalas, nacemos crecemos sáennos pelos no peito ou tetas e os domingos imos a misa ou a tomar o vermut, facemos rituais sen saber que o son, bautizamos, facemos o amor por primeira vez, temos fillos, enterramos os mortos….e por algunha razón todo iso ás veces faise con moito pesar… e cuestións que poderían producir dor, dan alivio, e outras que deberían dar felicidade dan dor.
Cando recordo como cambiou a miña vida cando naceu o meu fillo, non me cuestionei que xa non podía saír á praia a hora que me apetecera, ou que de noite se despertara para comer ou que había que ir á escola en horas de traballo ou a mercarlle roupa ou levalo ao médico….agora que convivo co meu pai todo iso volve a pasar e sinto presión social que me di que eses cambios son sacrificios que non tería que renunciar a nada pola súa presenza na miña casa.
Tal vez, algo se desprogramou nalgún momento, e parece ser que e que aquelo, que antes se chamaban hospicios (para nenos e pobres) ou asilos (para vellos) aos que soamente ían persoas que non tiña familia agora, é a forma de seguir coa vida cando os vellos non poden seguila sos, ...e a esas residencias van os que teñen cartos,..... alí aténdente… e os fillos poden seguir coa sua vida, … ¿iso a que se debe? ¿que é seguir coa vida?.
Penso na miña vida, a que facía antes, que agora non podo facer, como era aquelo de vivir, e sobre todo observo familias que comen cos fillos e netos, outras persoas que pasean soas pola praia ou polos parques, tamén aqueles que van con persoas en cadeiras de rodas,… preguntoume se aquilo ao que parece que renuncio, parte da miña vida non será unha mentira mais, … e cal é a razón de que pasar os domingos cos fillos e netos sexa vivir a túa vida e pasala cos avós, sexa deixar a túa vida?.
Por momentos recoñezome nesa dinámica e quero chegar á casa á hora que me peta, que se miro o último ano, chegaba sempre a antes da que agora se marcha o coidador. Noutros momentos síntome feliz e emocioname ver e escoitar o meu pai, o que foi e o que sinte, e agradezo que poda estar con el. Tamén me obriga a estar conmigo soa, parada, as veces sen moverme outras movéndome por e para el.
En definitiva estou confundida, dígolle aos amigos íntimos que estou facendo un master, que teño clases a diario, e as fins de semana tamén, dura ate o 30 de xaneiro, nese momento, hai dúas posibilidades que aprobe, e me den o título, xa sabedes que nos masters sempre se titula, pagas e tes titulo, e que envíe meu pai a unha residencia (din que alí os coidan e o mellor para todos, fillos, pais,e netos, estimulanos... e non os deixan pasar o día na cama como fago eu), ou que suspenda, co titulo en man, decida repetir outros seis meses ate xullo, daquela igual meu pai tamén aproba as súas materias pendentes e pode volver a morrer á sua casa cos seus coidadores, (pagados) que fan o mesmo que os fillos.... menos quererlle ao vello, xa que non os obriga a cambiar de vida se non que lles facilita a vida.
Preguntome que mundo é este, e como rematan a vida as persoas, tal vez como vivimos así remataremos por certo o master titulase, da vellez á morte. Con ese titulo xa podo morrer tranquila.
Colorín colorado, este conto rematará cun solo final para meu pai, a morte, e con dúas posibilidades para min, que eu poda e queira acompañalo seguindo a vida que vivo con el na miña casa ou sen el na miña casa, espero que no master me ensinen cal é a diferencia, entre unha vida e outra.
Conto 6 13.02.2021
Amor a min mesma
Había unha vez unha muller, poderosa
que solo ela non sabía do seu poder, todos ao seu arredor recoñecían
o poder que tiña para vivir e dar vida, pero ela non o percibía,
polo tanto viviu moitos anos escondida detrás dunha aparente
incapacidade para vivir soa.
Despois de moitas tardiñas, entre
lusco e fusco, e moitos amenceres tristes e doridos empezou un camiño
sen retorno, un camiño que sen sabelo a conduciría a facerse cargo
do seu poder, ese camiño empezarao anos atrás non se sabe cantos
pode que vinte ou trinta, o caso é que chegou un día, no que
sucedeu o seguinte:
Era un sábado calquera de calquera
mes do ano, cun tempo calquera, sol ou choiva, aquela muller acudiu a
un lugar no que recibía axuda para atoparse a si mesma e deixar de
ter dor, ese era o seu único obxectivo que a dor deixara paso a
ledicia e dela ao amor universal como forma de vida.
Naquel
lugar, entrou nun sono profundo, acompañabaa outra muller, unha
muller poderosa coma ela, coa diferenza de que a súa acompañante xa
sabía do seu poder.
Naquel
sono profundo, (que
non se sabe canto durou, xa que o tempo e o espazo son
relativos
cando dúas
mulleres poderosas se xuntan)
naquel sono soñou.... soñou, e soñou e cando
acordou recordou o soño:
Estaba
deitada nunha padiola de masaxe dunha
osteopata colocaralle a man na pelve, os dous osos saian claramente
do seu esqueleto, e sentiu que tocaban unha ferida que tiña raíces
profundas, era dolorosa, e nesa dor preguntoulle a súa acompañante,
teño a impresión de que preciso que me leves a ese lugar no que se
produciu esa
ferida que me doe, e non ten cura, preguntoulle se podía, e quería
acompañala, e díxolle que si.
Automaticamente
a dor da pelve pasou ao peito, tivo medo, verdadeiro pánico, estivo
a punto de saír
correndo, pero permaneceu, as mans da súa compañeira pousáronse
nas costas e no peito, convidouna a unha viaxe, por dentro dos seus
recordos, e foi facendo o que lle pedía:
Paso
a paso, púxolle
cor a aquela dor, forma, sabor, olor.... resultou ser un globo, con
forma de demo, vermello, atado a unha corda, non sabía
se tiña medo ou rabia, choraba a moco solto, por momentos
asustada... doía
moito, respirou, permaneceu, e viu claramente que a dor era mais
rabia
que medo, o medo estaba por se non podía soportar a dor, a rabia....
a rabia....
primeiro era contra outros...e ao chorar e berrar puido ver que era
rabia contra si mesma, rabia por non saber, .....por non coidarse,
.... e berrou...
chorou... sabía que tiña compañía
que se se rompía a súa acompañante ía a pegar os cachiños e
seguiría viva.
Nese
choro profundo puido verse e perdoarse a si mesma, tardou tempo,
....no intento de cambiar a cor do diaño,... non era posible,....
apretouno...!!! reventouno!!!... pero seguía
sendo vermello... e agora estaba pegado ás súas mans, cal xelatina
pegañenta... non sabía que facer se tiralo ao lixo ou expulsalo
fora, non podía facer nada... ate que oíu
as palabras máxicas...
Ponlle
cor, está fora de ti, vaime dicindo de que cor o ves agora.
Agora
ten cores negras darredor, como cando algo de plástico
se queima, pásoo
de man en man, recordo onde estaba no meu corpo, agora dóeme
o ombreiro
dereito dentro moi
dentro, e vexo a cor rosada dos músculos
dos debuxos dos libros de texto... e pouco a pouco aquel vermello
foise convertendo
nun rosa con
trazos vermellos e ese negro queimado darredor,..... puxo as mans
cara abaixo e aquela masa xelatinosa empezou a esvarar
cara o chan ... volveron
o choro as bágoas
á cara, e agora eran doces, e o choro era de emoción, sentía amor,
moito amor por si mesma, ....
Nese
momento a acompañante meteu as mans debaixo das costelas, e sentiu
unha dor grata, como cando algo cura, ese proído
do alcohol na ferida. Pediulle que lle puxera cor, e a cor rosa
pastel apareceu, pediulle que lle puxera nome a ese fio, que o deixar
sair, ....pero non foi posible, era unha cor rosa sen forma definida,
era o símbolo
de ter amado a pleno corazón.... con toda a alma, ... non podía
soltalo, tentaba imaxinar
unha tesoira
e non aparecía, ate que lle dixo:
-
Ese
fío simbolizaba o amor a ti mesma, o grande amor que podes
darte a ti
mesma....
Esa
instrución
foi clave, aquel fío
rosa empezou a desprazarse polas costelas soltándose
e agarrándose
sen un fin claro. Cando lle dixo que xa tiña cor e forma,
sentiu
que
ese era
o
amor a si mesma,
empezou a sentir moita ledicia, estaba na casa materna facendo un
cordón rosa coa súa irmá maior, dándolle
voltas a moitos
fíos
rosas, ate que se converteron
nun cordón que pasaba entre as costelas e dende un lado ao outro, un
cordón indestrutible,
de amor a si mesma, e con el a todas as mulleres da familia, sabía
que con ese amor era indestructible.
A
acompañante pasou a súa man ao peito, pediulle que collese aire, e
que o votara varias veces... volveron...
a dor e
o choro.... e votou dende o peito, e tamén dende a gorxa, aí
recordoulle que a ira era solo un instrumento, que volvera ao peito,
colleu aire, soltouno, e no último
alento.... co pulmón ben cheo votou.... e nese momento a acompañante
soltou a presión do peito... un ahhhh!!!! saíu
onde quedou espazo baleiro,
un baleiro
grande saboroso
con espazo para amar, dar e crear... sentiu o seu poder.
Nese
instante, xusto antes de espertar, soubo que era poderosa, que nada
podía destruír
o amor que levaba dentro, era
poderosa era grande, sentiu medo, sentiu que era a única responsable
da súa vida,..... que podía ser feliz,.... soa.... ou acompañada,
.... e como ocorre
nos soños entrou outro soño... no que ela e o seu irmán facían un
novo fogar, onde gardar todo o amor recibido dos antepasados,
nese momento despertou, asustada acubillada tapada cunha manta nunha
padiola dunha osteopata,
........
En
calquera día, de calquera mes, de calquera cidade, volveu ao tempo e
ao espazo real,
e foi a rúa... mercou un paraugas,
e camiñou amodiño ....cara a súa casa, .....non sen antes levar
peixe para que o corpo se alimentara igual que a alma.
CONTO 5
El descubrimiento
Había una vez en un país muy lejano un hombre, que también podría haber sido una mujer, una persona, .....que después de haber andado y andado, decidió parar, sacar la pila del reloj de pared, no mover la hoja del calendario, y parar el tiempo, llevaba una herida o mas bien tres, la de la vida, la del amor , la de la muerte.
La de la vida es indescriptible... la de un nacimiento no deseado... que marcó hasta el día en que dejo que la pila del reloj se parara....y que cuando regresa le duele el cuerpo, el intestino y ahora hay reflujos donde tenia que haber alimento.... esta herida esta, “digamos controlada”, aquel hombre sabe de donde viene y cuando regresa esa herida puede sanarla, saca la tirira la pone y sigue caminando....con el dolor.
La del amor la mayor herida que sangra constantemente.... sin cerrar... cada vez que llueve, cada vez que algo le roza la piel en esa cicatriz saltan todas las tiritas... y a veces el pus es verde infeccioso otras es blanco... aquí también.... aquel hombre sabe poner de nuevo apósitos, tiritas, ... se le caen,... pero los coloca de nuevo... cada vez aguantan mas tiempo y paso a paso cada día lo que le roza ya casi no le hace sangrar..… lo dificil es mirar y mantenerse a salvo de la otra parte donde la herida sigue abierta….entonces la herida no sangra pero duele y no permite caminar…. pone la pila al reloj y mira como pasa el tiempo… poco mas puede hacer .
La herida de la muerte.... la muerte de quien le quiso, su padre, su madre, su abuela... tal vez alguna criada.... esas personas que ya no están vivas o que estando ya no le quieren….por lo tanto han muerto…. y que claramente le dicen que está solo ante la muerte, y cuando la muerte viene a visitarlo... se resiste a ir con ella, ….la conoce la mira de frente y le recuerda que aun tiene algo que hacer aquí, que no sabe lo que es pero que no le toca irse, y la muerte se va ....y la herida sigue su curso...
Después de mucho, mucho tiempo, no se sabe cuanto porque no recuerda cuando llegó a su refugio interior y en el exterior se perdió el calendario... un día después de despedir a la muerte salió del refugio interno y externo y se dirigio a una vieja maestra con la que bailaba antes del encierro... que le daba tiritas para sus tres heridas... aquel hombre era muy afortunado porque ese mismo día se encontró a si mismo dando y recibiendo amor, a personas como él, heridas.... y pudo ver y sentir que aún podía ser feliz, que todos viven con sus mismas heridas, y que todos se sanan con la misma medicina.
Pasaron los dias ... las semanas.... se enamoró perdidamente.... pero como sus heridas eran tan grandes le recordaban día si y día también, que no era apto para amar, que aquello era un espejismo que... mejor salir de allí,... que la vida le había enseñado que en ese lugar aparentemente esponjoso como una nube del cielo mas tarde o mas temprano se transformaría en un lugar espinoso y oscuro como el fondo del mar donde no entra luz y donde no se puede respirar...intentó irse de mil maneras... escapando físicamente, cerrando puertas y ventanas... de hecho su refugio nunca estuvo abierto al amor que por momentos dejaba entrar....
En un ultimo esfuerzo por cuidarse, aparentemente, se marchó lejos, ... como tantas veces lo había hecho en el pasado.... pero esta vez algo sucedió que no estaba previsto... el amor que dejó pasar por momentos le acompañó, ... estaba asombrado... que le había pasado a la herida del amor??, ya no sangraba, le tocaba y solo quedaba el recuerdo de un dolor marcado por personas y lugares que ya no tenían poder sobre el... estaba muy asombrado tanto que no podía creérselo... para comprobar que era cierto llamó a la puerta de un nuevo amor... y si... se confirmó a si mismo que allí había dolor, que debía estar lejos del amor ... pero un día recibió una carta como las del siglo pasado escrita a bolígrafo, con un sobre y un sello.... aquella carta le dejó prendido... en ella había preguntas, afirmaciones... la leyó varias veces... y paralizado se quedó mirándola... asustado... será verdad que puedo amar sin ser dañado?, será verdad que si deja de quererme no me voy a morir?...y así en un circulo vicioso se mantiene hasta el día de hoy.... tal vez algún día sabremos como resolvió, que sucedió, con la valiosa vida de aquella persona que se puso a andar de nuevo, colgó un calendario nuevo en la pared y empezó un año nuevo.... lejos de su reloj sin pila.
Todavía no había descubierto que dependía de quien le amaba igual que la otra persona dependía de el ... a quien también amaba y que dejaría de depender si podía ver y sentir el desamor, para poder dejar de amar a quien lo le ama.
El descubrimiento mas importante que le esperaba en algún momento de su vida era que la dependencia le había hecho libre.
Tan solo en ese viaje empezaba a recordar que la medicina es el amor a si mismo y a los demás.
Colorín colorado este cuento ha terminado.
A 22 días de cumprir 50 anos, Felicia levantase nun día de novembro soleado, por razóns difíciles de explicar coa cabeza, erguese acompañada e almorza na terraza, síntese enxertada, ….
Que é un enxerto? Unha árbore ten moitos procesos nace dunha semente, crecen as súas raíces cara o centro da terra e as súas pólas cara o ceo, e ao longo da vida, pode dar froito ou non, pode ter flores… e poden romperselle pólas… tamén pode ser enxertada, ....o sentimento de Felicia era de recen cortada unha póla que mira a outra que foi rachada sen coidado,.... agora corte é limpo e nese corte puxeronlle unha póliña doutra arbore, non sabe ben de que é, intúe que dará froito se o enxerto vai adiante, unha pereira?, Cereixeira.?? quixera que fose unha figueira pero as figueiras non se enxertan… esas prenden de cana….dóelle esa póla.. polo corte e supura sabia, tamén nota o emplasto pegañento que a une a esa nova póla... que tamén asustada mira a arbore á que a uniron con sospeitas ínquedas,.... quererame? Serei capaz de conectar e sobrepasar este corte polo que nos uniron? Recibirei alimento desta arbore?? O enxerto e a árbore saben que será difícil, que han de pasar meses para saber se finalmente cando saquen o emplasto e a tela que as une na primavera poderán comprobar se a sabia circula, se foi acollida, e se puido acoller, …. como é un día de inverno..... ambas miran ao sol, ...tímidas ollanse e .....confían solo poden facer iso mentres o inverno lles axuda a estar quietas, a deixarse cicatrizar e esperar a que marzo traia os resultados, mentres recibir auga, sol, frio, .....sentirse no inverno iso é todo, que non é pouco.
- Tranquila que o que está para ti non o leva outra.
- Tranquila que onde hai una anduriña hai un anduriño.
- E certo que é real, eu vivin iso.
Din as teorías psicolóxicas que para amar aos demais hai que amarse a si mesmo, nada novo, xa Jesús de Jerusalén o dicía…. Despois veñen as teorías da dó, o luto, por fin atopo sinónimo en galego, a nivel de conciencia non había unha palabra que se use no meu imaxinario para definir o “duelo” en castelán, aínda que o tradutor da Xunta di que si que e esa a palabra.
Poi iso o luto. Primeiro poste de negro, despois de grises... alivio... e cando rematas xa te podes vestir de cores...
Estou de luto, morreu ou mais ben matouse o amor que eu tiña por alguén.
Desperto coa dor no peito propia do luto, sei que fai un mes que morreu, e dóeme, ¿quen non tivo un luto na vida?, todos sabemos que o luto doe, doe diferente se é unha morte dun ser querido, ou se é unha perda de algo material, ou unh divorcio ou unha separación ou ruptura sentimental dun amigo, amiga, noivo, amante, …. cada luto doe de forma diferente, incluso con intensidade diferente e apura ou enlentece as ganas de volver a vestirse de cores….. -sabedes que o luto significa vestirse de negro-.
Os despertares son significativos, estou atenta a eles, hoxe foi un despertar doce … estaba soñando que un home de barba pelirroxa me dicía que non podía quererme que tiña demasiadas cicatrices e u dicíalle que eu tamén… trememos mirándonos e despertei…. Recordei o resto do soño eran anacos dunha realidade inconexa, amigos con fillos adoptados, sorrisos de atoparnos, e tamén coñecer xente nova que facía puenting...e finamente o maxestoso bosque con pedras cheas de musgo e lique… pedras e árbores que recollen a vida de xentes pasadas….
Escribo a unha amiga, que fácil é arranxar a vida dos outros…. Xa o diciamos nas comidas familiares….
Volvo á miña viga, esa tan pesada que non vexo no ollo propio.
Xa para rematar, e non liarme a apalabraría baleira…. Quería escribirlle a un morto, para dicirlle que o voto moito en falta, para preguntarlle como era posible que non se comunicara conmigo, que non quería interromper o seu luto…. E afortunadamente acordeime doutra amiga e escribinlle a ela… ela está viva...., pode responder… e tamén me acordei do vídeo de YouTube de Laura Moreno, se alguén desaparece da miña vida é porque non quere estar…. Déixao tranquilo… foise porque o quixo… fin do conto….
Levarlle flores ao cemiterio….
E despedirse cantas veces faga falta ate que o despertar sexa outro…..
E colorin colorado este conto está rematado.
CONTO 1- Conto dunha noite de verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario