5 de marzo de 2022

Todo feito

 



Do libro

Constitución para a vida

Lei fundamental para vivir e morrer en paz


Titulo 51.

Capítulo 1º

Artigo 1. Todo feito


Aquela mañá despertou con enerxía, a pesar de ter durmido mal, varios ruídos fixeron que se despertara, o que mais lle pedía o corpo era moverse estirarse no chan, escoitar a meditación do curso e ver que sentía despois.


Así o fixo, non sen antes revisar watsaap e telegram, … despois decidiu ducharse depilarse e pórse hidratación …tamén chamar unha amiga…. Nese proceso deuse conta de que tiña enerxía de que dende había moito tempo tal vez a primeira vez na súa vida, tiña todo feito, era un sábado, a compra na neveira ou á espera de colocarse, a roupa seca e gardada ou á espera de por nova lavadora, a casa limpa, o xardín mais ou menos axeitado, e o resto do tempo felizmente planeado, unha amiga e escritora vistaría, outra esperaba dar paseo antes, outras dúas acompañariana a bailar e ao día seguinte iría a traballar nese continuo de Tao no que se convertera o traballo ultimamente.


O pensamento que lle veu foi, de felicidade, de verse coas dores non resoltas, aquelas que a acompañaban dende había tempo e que tal vez a seguirían acompañando moitos anos, ate morrer, e que cada vez ía aprendendo a darse os analxésicos mais axeitados para que a feridas abertas, fosen collendo callo e despois pasaran a cicatriz.


Atendendo as tres claves nas que ela se manexaba, quixo contarvos cal era a situación actual influenciada polo triptofano que levaba tomando tres días.


A primeira o amor.


O amor de parella o que mais a desequilibra, miraba atrás, e comprendía perfectamente coa cabeza pero o instinto e o corazón non se puñan de acordo, a cabeza ben guiadiña dicía que estaba todo ben, que a soidade xa non causaba angustia, e que o camiño era o correcto, o instinto levábana por direccións escuras, e o corazón seguía anhelando aquel amor de alma, corazón e vida que xa pasara e que se resistía a ser enterrado para sempre.


O amor filial, estaba encamiñado, pai e fillo nun lugar onde si que os tres centros se alineaban, coas súas loitas e períodos de guerra e paz, e o amor fraterno tamén tiña o seu carroucho trazado, con dor e tamén rancor, por aquelas mulleres que estaban mais presentes se non tiñan parella e cando a tiñan desaparecían sen compartir nen un café á semana durante meses, por un lado comprendía, .....a cabeza dicíalle que así era para elas e que tiña que respectar os seus ritmos..., pero o instinto e o corazón doídos recamaban xustiza, dicindo que se durante meses non houbo dispoñibilidade agora tampouco ela debía estar disposta, ... sempre vencía a disposición ... disposta si, non sempre dispoñible, esa era a razón pola que se estaba aprendendo iso para si mesma, podía practicalo coas mulleres da súa vida.


A segunda a saúde, se aquel día se despertou, con enerxía, quería dicir que a saúde estaba ben, o corpo san, a cabeza coas dores habituais atendendo os desordenes do amor, e dos bens materiais.


A terceira os cartos e o que facilitan a vida, tiña naquel momento a bancarrota mais grande dende os 21 anos, unha débeda de 17.400 euros, cuestión que para o seu carácter era unha fenda importante, isto sumado a suba dos produtos básicos alimentos, luz, carburantes..., facía que por momentos se bloqueara e non pensara con claridade, aquí o que mais lle axudaba era deixarse fluír, confiar, durmir, descansar para que como dicía unha vella amiga, a “listeza” volvera a acompañala e puidera seguir pagando a débeda e desfrutando dese tempo libre, con todo feito, .....e consagrarse á materialización aquela frase escrita no seu diario en maio do 2004.


Co meu pensamento fágome a min

Son libre para ser feliz.