5 de setembro de 2021

SAT 1 Xullo 2021

 Non hai duas sen tres, ..... o master, a escola de vida, e o eneagrama, .... é pronto para facer reflexión e escribir, Francis Elizalde, dixonos que aos tres meses era posible unha revisión.... a ver que pasa.... o 1 de outubro.... nalgún momento tal vez se plasmen os efectos en texto... ou non.

Da I Escola de amorES, a Escola da Vida

 Sen foto, solo para que quede constancia do fracaso da I Escola de amorES, hoxe por causalidade, vexo no blog que e o mesmo día de fai un ano, a escola de amorES, muta para dar paso a Escola de Vida.

Das nove preguntas que me gusta formular a hora de iniciar novos procesos ou revisar os vellos, xa vai collendo corpo co 7, nun como e que actividades poderían formar parte.

Esta semente crece, ten vida propia, veremos dentro dun ano que nos conta.

Da vellez á morte

 Conto 7 . 5 de setembro de 2021


Esta entradas coma todas é improvisada, durante un tempo rondame unha idea na cabeza, algo relacionado co que estou vivindo, logo vou ao blog, e …. empezo cun…..

Había unha vez,…. un vello camiñante, de 84 anos, atopábase, despois de moito andar na casa da súa terceira filla, non se sabe que pasaba pola súa cabeza os recordos de toda unha vida viñan e marchaban de forma inesperada, e o mais difícil era recordar onde tiña que durmir despois de tomar a merenda....

Logo fago uso da escritura expresiva e sae o que sae....

Hai cuestións na vida que veñen de serie, sen que teñamos que programalas, nacemos crecemos sáennos pelos no peito ou tetas e os domingos imos a misa ou a tomar o vermut, facemos rituais sen saber que o son, bautizamos, facemos o amor por primeira vez, temos fillos, enterramos os mortos….e por algunha razón todo iso ás veces faise con moito pesar… e cuestións que poderían producir dor, dan alivio, e outras que deberían dar felicidade dan dor.

Cando recordo como cambiou a miña vida cando naceu o meu fillo, non me cuestionei que xa non podía saír á praia a hora que me apetecera, ou que de noite se despertara para comer ou que había que ir á escola en horas de traballo ou a mercarlle roupa ou levalo ao médico….agora que convivo co meu pai todo iso volve a pasar e sinto presión social que me di que eses cambios son sacrificios que non tería que renunciar a nada pola súa presenza na miña casa.

Tal vez, algo se desprogramou nalgún momento, e parece ser que e que aquelo, que antes se chamaban hospicios (para nenos e pobres) ou asilos (para vellos) aos que soamente ían persoas que non tiña familia agora, é a forma de seguir coa vida cando os vellos non poden seguila sos, ...e a esas residencias van os que teñen cartos,..... alí aténdente… e os fillos poden seguir coa sua vida, … ¿iso a que se debe? ¿que é seguir coa vida?.


Penso na miña vida, a que facía antes, que agora non podo facer, como era aquelo de vivir, e sobre todo observo familias que comen cos fillos e netos, outras persoas que pasean soas pola praia ou polos parques, tamén aqueles que van con persoas en cadeiras de rodas,… preguntoume se aquilo ao que parece que renuncio, parte da miña vida non será unha mentira mais, … e cal é a razón de que pasar os domingos cos fillos e netos sexa vivir a túa vida e pasala cos avós, sexa deixar a túa vida?.

Por momentos recoñezome nesa dinámica e quero chegar á casa á hora que me peta, que se miro o último ano, chegaba sempre a antes da que agora se marcha o coidador
Noutros momentos síntome feliz e emocioname ver e escoitar o meu pai, o que foi e o que sinte, e agradezo que poda estar con el. Tamén me obriga a estar conmigo soa, parada, as veces sen moverme outras movéndome por e para el.

En definitiva estou confundida, dígolle aos amigos íntimos que estou facendo un master, que teño clases a diario, e as fins de semana tamén, dura ate o 30 de xaneiro, nese momento, hai dúas posibilidades que aprobe, e me den o título, xa sabedes que nos masters sempre se titula, pagas e tes titulo, e que envíe meu pai a unha residencia (din que alí os coidan e o mellor para todos, fillos, pais,e netos, estimulanos... e non os deixan pasar o día na cama como fago eu), ou que suspenda, co titulo en man, decida repetir outros seis meses ate xullo, daquela igual meu pai tamén aproba as súas materias pendentes e pode volver a morrer á sua casa cos seus coidadores, (pagados) que fan o mesmo que os fillos.... menos quererlle ao vello, xa que non os obriga a cambiar de vida se non que lles facilita a vida.

Preguntome que mundo é este, e como rematan a vida as persoas, tal vez como vivimos así remataremos por certo o master titulase, da vellez á morte. Con ese titulo xa podo morrer tranquila.

Colorín colorado, este conto rematará cun solo final para meu pai, a morte, e con dúas posibilidades para min, que eu poda e queira acompañalo seguindo a vida que vivo con el na miña casa ou sen el na miña casa, espero que no master me ensinen cal é a diferencia, entre unha vida e outra.