SUPERVISION PSICOSOCIAL

18- Publicado artigo sobre experiencia práctica en supervisión

 Revista Galega de Traballo Social. Fervenzas nº 17 (pdf)

17- Supervisión no CDR O Viso.

No mes de novembro do 2013, iniciei unha supervisión no CDR O viso http://www.cdroviso.org/, está sendo unha experiencia grata e rica, Con Edi González o Traballador Social que acompaño, temos previsto facer un artigo para poder afondar e compartir a tarefa realizada.
As 16 entradas do blog son sobre supervisión psicosocial aquí a número 

 16- Coloquio Clima Laboral


Despois de participar cos profesionais de ISPA, no coloquio sobre CLIMA LABORAL o 9 de xuño do 2012 en Huarte (Navarra), fágovos chegar este post que me permite compartir dende aquí os coñecementos que sempre se crean no encontro humano.
Laura Iparragirre, (Vicepersidenta de ISPA-ASC) deunos a benvida ás 18 persoas que asistimos, agradecendo a participación e o esforzo que supón hoxe en día desprazarse e dispor de tempo para unha xornada como esta.
Iniciou a Mesa Redonda Javier Cerrato, psicólogo. Director do Master Seguridade e Saúde no Traballo,  da Universidade do País Vaso, presentou o marco no que se desenvolve a investigación referente ao “clima laboral”. Posteriormente Carlos Arguilea, psicólogo e supervisor e Ioseba Guillermo, pedagogo e supervisor, conectan o mundo da supervisión e as súas achegas ao clima laboral.
Javier Cerrato,  
Presentou dun xeito científico e holístico a temática para a que foi convidado, ¿Qué di a investigación sobre o clima laboral?. Fixo un percorrido histórico polos diferentes autores e estudos realizados sobre o tema, do que vos conto a grandes liñas que o concepto de clima laboral é sofisticado, xa que non hai acordo total no que mide e como se mide, relaciona o intanxible co tanxible, niso radica a súa complexidade.
Para achegarnos ao concepto de clima laboral hai que ter en conta  que é diferente da cultura laboral, e que fai referencia ao fenómeno psicosocial das percepcións que as persoas teñen do seu clima laboral, son percepcións individuais que se comparten, e que conectan con outros elementos do mundo do traballo, como son o clima organizacional, a produtividade, o absentismo, o stress laboral, ou o desempeño, e cruzase con variables que van dende a estrutura organizativa, (tamaño, dirección, liderado, comunicación, normas, remuneracións ) ate as particularidades dos traballadores (xénero, intelixencia, experiencia, motivación…).
Téñense realizado múltiples investigacións ao respecto, e existen cuestionarios contrastados que permiten afondar no clima laboral e aplicalo ás empresas e organizacións para a súa mellora e innovación, así como adaptación aos cambios.
En todas elas é preciso ter en conta a cultura local en relación tanto ao traballo como ao xeito en que se constrúen as relacións xerárquicas, como exemplo achega Javier o feito de que en Euskadi foran suprimidos os foros; isto fai que na cultura xerárquica estea moi presente o imaxinario de que todos son iguais, eu pregúntome que resultados se obterían en Galicia onde as relacións xerárquicas teñen figuras como a do cacique que determinan as relacións non so de xerarquía no mundo laboral senón tamén veciñal e persoal.
Carlos Arguilea, http://www.hzconsultoria.org/ axudounos a visualizar, coa estrutura que podedes ver na fotografía, os diferentes elementos presentes nas relacións laborais e polo tanto na supervisión, e como a interrelación entre todos eles son claves á hora de realizar achegas dende a supervisión.
Sitúa a organización na base, conectada en liña directa co liderado e coa cultura, e á súa vez cada un deles con outras organizacións cos usuarios, coas estratexias e visión de futuro, roles, etc. cada elemento interacciona co resto, como en calquera estrutura a totalidade é mais que a suma das partes e incidindo en calquera dos seus elementos cambian os outros.
En momentos bonanza parece mais natural que as organizacións se miren cara a dentro pero en momentos de crise a mirada ten que ser dobre, para subsistir, traballando dende as oportunidades non dende a culpabilización.
A supervisión achega ao clima laboral un situarse “ao lado de”, apoiándose nos principios reitores que fan que da desconfianza se poda pasar á confianza, da incertidume do futuro ao goce do presente.
Ioseba Guillermo, da Asociación Nuevo Futuro http://nuevo-futuro.org/index.php/supervision/ , presentounos os resultados da supervisión na súa organización.
Esta práctica permitiulles baixar o nivel de stress entre os seus traballadores, conectando coas potencialidades e o empoderamento dos profesionais, que ao traballar nun ambiente de protección, fixo que non foran invadidos pola alta dificultade no desempeño da tarefa na súa organización (traballan con menores en risco social).
A nivel cuantitativo, con datos impresionantes, entre eles o descenso do absentismo laboral dun 6,44% a un 2, 42% e o aforro económico que supuxeron os cambios na mellora da rotación do persoal, nas baixas etc.
Como conclusións de meses de traballo que non rematan se non que forman parte da cultura da súa organización, Ioseba dinos que a supervisión dálles rigor, creatividade e capacidade de adaptación aos cambios, e sobre todo practicar o valor sobre as persoas.
É de agradecer que unha organización relativamente pequena como ISPA http://62.99.53.27:8081/ispa/index.php?option=com_content&view=article&id=92&Itemid=126 manteña este tipo de formación e de facilidades para participar a todas as persoas que pensan que a supervisión é unha ferramenta que mellora notablemente o benestar, eu son dese grupo.

1 comentario:

  1. Interesante artigo Pepa, para cando algo sobre Traballo Social Clínico

    ResponderEliminar