Facilitadora


9- 2022-2023 Resumo


Camiñar con alegría, ese foi o reto e o sentir en tantos momentos distes dous anos intensos, terra, galiñas, inicios e finais e procesos que non se sabe onde irán a dar.... polo momento ilusionada con Rosa, con Xulio e Lois, con Marta, con.... e para.... tantas persoas que seguen dándome a oportunicade de acompañalas e principalmente aprender delas, o que teño claro é un inmenso agradecemento.




8- 2019-2021. Resumo
Principalmente centrada en www.boavida.org e empresa de Inserción Vivir do Traballo. Con asesoramentos e colaboracións con Sara de Biodanza e Mandalas, Humanos en el Planeta Cielo | Enriquophoto, aloxamento para persoas en fogar de Santiago de Compostela, Grupos de Intervisión, e con procesos que cambian de nome por exemplo
1-.......de envellecer en amizade a vivir en amizade a vida compartida....
2- ...... de escola de amor, aprender a amar, escola de amores, escola para a vida...de vida....




7- Tres columnas na Voz de Galicia. Asumir e compartir responsabilidades nov 2016, orzamentos e saúde febreiro 2017, e o dereito a vivenda abril 2017, Inmigración outubro 2018
6- Creando redes coa asociación 4 ponlas, Amarante,  A Gradicela....
  
5- Apoio ao equipo CO-LABORA 2015, do espazo ARROELO de Pontevedra.

Na súa web, http://espacioarroelo.es/ podese atopar toda a información sobre esta innovadora experiencia, de busca activa de emprego http://espacioarroelo.es/actividades/colabora2015/, o meu gran de area está principalmente no asesoramento individual.



4- Avanzando na Asociación Boa Vida

 O 30 de novembro do 2013, visitaronnos Marta e José María de Traperos de Emaús de Navarra, coas nosas ganas e a nosa necesidade de construir presente e futuro e co seu impulso iniciamos un camiño. No blog da asociación http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/p/quen-somos.html
pode verse como imos tamén nesta nova do faro 
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/10/08/reconstruyendo-vidas/1107878.html

Quero compartir este momento no que claramente "Camiñante non hai camiño faise camiño ao andar".
Grazas compañeiros de viaxe!!!










3- Acompaño a Mar Sánchez nesta linda proposta

Curso DE ERÓTICA, SEXUALIDAE E MOVEMENTO

Imparte: Mar Sánchez. Psicóloga-sexóloga.

O oxectivo deste curso é indagar no noso universo erótico e sexual os seus complementos ,como unha torta ben aderezada, iremos engadindo ingredientes ata dar o crear as nosas formas mais variadas no pracer e no universo dos sentidos, tomando conciencia das posibilidades da nosa sensualidade, e erótica e a súa expansión.

Información e inscricións:
Telf.: 649 283 976/680130933 Mail:andainas@yahoo.es
Facebook: Mar Sánchez Fraga

2-  31 de xaneiro do 2014.
Continuo a miña labor de facilitadora coas persoas, que desexan traballar sobre a súa mellora persoal e profesional durante o ano 2013, foron 8 persoas, (7 mulleres e 1 home), que iniciaron ou incorporaron algunha mellora na súa vida.

 
1-      28/11/12- Iniciar este espazo foi un proceso de meses que dificilmente poderei hoxe plasmar aquí. 

Camiñante non hai camiño... -Antonio Machado (1875-1939)- se esta frase tivo significado agora ten tamén significante, no camiño que a Gestalt abriu para min. Dende aquí compártoo sobre todo coas compañeiras de formación con quen e de quen tanto aprendín. (Zecilia, Raquel, Bea, Ana G, Ana F, Alberto, Andrés, e Robert). 

Vai por nós e polas persoas que coma nos camiñan e fan camiño. 

Para recoller aquí os inicios, nomeo a Ramiro e a Escola Pañña, con quen empecei, e a Francisco Peñarrubia e Claudio Naranjo aos que lin con avidez.

A María Rodríguez, a miña terapeuta con quen sigo camiñando.

A Xurxo  que entendeu á primeira o que pretendía coa miña imaxe corporativa.   www.dseña.com 
  
A Valle, da escola Guibor de Santiago con quen tal vez siga o meu proceso de formación en Gestalt.
 
A http://gestaltnet.net. Que me acabo de atopar e que conecta co meu sentir.

 "Quienes formamos Gestaltnet.net deseamos que éste sea un espacio de co-creación de unacomunidad de personas interesadas en la terapia Gestalt, donde poder intercambiar recursos útiles y servicios de comunicación que posibiliten el contacto entre nosotros". 

Déixovos e convídovos a camiñar xuntos.

Breves das dúas obras de lectura do primeiro ano:

Da “Terapia Gestalt. A vía do baleiro fértil”, de Francisco Peñarrubia”. Sinto que obtiven coñecemento, que este é un manual básico para coñecer a Gestalt no seu conxunto, ordenada, sistematizada, coas súas luces e as súas sombras.

Do segundo “A vella e novísima Gestalt”, de Claudio Naranjo, recibo o cariño que transmite Claudio, a autenticidade da construción no presente, e síntome parte desa corrente. Ao mesmo tempo remato coa pena de non poder estudalo e compartilo con outros aliados. Estarei atenta cando cheguen.

Grazas a Pañña. http://www.gestaltgalicia.com

A vella e novisima Gestalt
Claudio Naranjo
Tradución autorizada polo autor
Editorial Cuatro Vientos
Madrid 1990

 http://www.fundacionclaudionaranjo.com/index.php
Pax. 276. “Penso que a terapia gestáltica, aquel revolucionario método que floreceu e xurdiu na cultura de fai quince anos atrás, actualmente corre o risco de converterse nunha ortodoxia mais, nun monopolio similar ao da psicanálise no pasado. E penso que hoxe en día sería apropiado – cando a Gestalt é amplamente recoñecida- que flexibilizara mais os seus límites, para así facilitar o desenvolvemento dunha Gestalt mais ampla: un enfoque holístico onde as capacidades do individuo para traballar en si mesmo foran empregadas na práctica meditativa e da toma de conciencia da vida diaria, e onde o traballo corporal así como tamén unha perspectiva mental sobre o desenvolvemento humano contribuíra  ao proceso de crecemento do individuo –ademais das sesións de terapia propiamente tales. A terapia gestáltica entón serviría aínda mellor á súa función, como un elemento valioso nun mosaico que, ao mesmo tempo, a complementaría e apoiaría.”


A vía do baleiro fértil
Francisco Peñarrubia
Alianza Editorial
Madrid 1998
http://psicoletra.blogspot.com.es/2012/06/francisco-penarrubia-terapia-gestalt-la.html
 
s.

ARTIGOS PUBLICADOS

11-Artigo. Acción Social e loita contra a pobreza en Galicia. 2015

No libro colectivo: Ecoloxía Politica. Olladas desde Galicia ISBN:978-846065931-0

10- A supervisión social. Experiencia práctica. Xaneiro 2015. Revista Galega de Traballo Social. Fervenzas no 17 (pdf)

Ed. Colexio de Traballo Social de Galicia:

9-Comunicación da prestación ao empoderamento. Presentada no XII,

congreso de Traballo Social. Málaga 2013.

8- Estudo realizado para o traballo de Fin de Grao en Traballo Social, Publicado

por ter obtido a nota suficiente no repositorio da:


Revista de Traballo Social “Fervenzas”. Ed. Colexio de Traballo Social de Galicia:

7-

No 15. Na busca dunha inclusión social compartida. Perspectivas do Traballo Social en grupo. Publicado

xaneiro 2013.

6- Os servizos sociais en Galicia. Colaboración. 2012.

5- La crisis vista desde abajo. Colaboración 2011. Revista núm 93

Revista Servicios Sociales y Política Social. Ed Consejo General de Diplomados en Trabajo

Social y Asistentes Sociales.

3- A intervención en inclusión social. Ferramentas prácticas. 2009. Revista núm. 12

2- En torno á loita contra a pobreza”: I Plan Galego de Inclusión Social. 2003.

1- A iniciativa social na atención a maiores no medio rural: O comedor social do CDR O VISO”. 1.998.



Ningún comentario:

Publicar un comentario