Se queres mellorar en calquera da área da túa vida
solicita unha cita: 680130933
supervisionsocial@gmail.com
Despois de participar cos profesionais de ISPA, no coloquio sobre CLIMA LABORAL o 9 de xuño do 2012 en Huarte (Navarra), fágovos chegar este post que me permite compartir dende aquí os coñecementos que sempre se crean no encontro humano.
Laura Iparragirre, (Vicepersidenta de ISPA-ASC) deunos a benvida ás 18 persoas que
asistimos, agradecendo a participación
e o esforzo que supón hoxe en día desprazarse e dispor de tempo para unha xornada
como esta.
Iniciou a Mesa Redonda Javier Cerrato, psicólogo. Director do Master
Seguridade e Saúde no Traballo, da
Universidade do País Vaso, presentou o marco no que se desenvolve a
investigación referente ao “clima laboral”. Posteriormente Carlos Arguilea,
psicólogo e supervisor e Ioseba Guillermo, pedagogo e supervisor, conectan o
mundo da supervisión e as súas achegas ao clima laboral.
Javier Cerrato,
Presentou dun xeito científico e holístico a temática para a que foi convidado,
¿Qué di a investigación sobre o clima laboral?. Fixo un percorrido histórico
polos diferentes autores e estudos realizados sobre o tema, do que vos conto a
grandes liñas que o concepto de clima laboral é sofisticado, xa que non hai
acordo total no que mide e como se mide, relaciona o intanxible co tanxible,
niso radica a súa complexidade.
Para achegarnos ao concepto de clima laboral hai que ter en conta que é diferente da cultura laboral, e que fai
referencia ao fenómeno psicosocial das percepcións que as persoas teñen do seu
clima laboral, son percepcións individuais que se comparten, e que conectan con
outros elementos do mundo do traballo, como son o clima organizacional, a
produtividade, o absentismo, o stress laboral, ou o desempeño, e cruzase con
variables que van dende a estrutura organizativa, (tamaño, dirección, liderado, comunicación, normas, remuneracións ) ate as particularidades dos
traballadores (xénero, intelixencia, experiencia, motivación…).
Téñense realizado múltiples investigacións ao respecto, e existen
cuestionarios contrastados que permiten afondar no clima laboral e aplicalo ás
empresas e organizacións para a súa mellora e innovación, así como adaptación
aos cambios.
En todas elas é preciso ter en conta a cultura local en relación tanto
ao traballo como ao xeito en que se constrúen as relacións xerárquicas, como
exemplo achega Javier o feito de que en Euskadi foran suprimidos os foros; isto
fai que na cultura xerárquica estea moi presente o imaxinario de que todos son
iguais, eu pregúntome que resultados se obterían en Galicia onde as relacións
xerárquicas teñen figuras como a do cacique que determinan as relacións non so
de xerarquía no mundo laboral senón tamén veciñal e persoal.
Carlos Arguilea, http://www.hzconsultoria.org/ axudounos a
visualizar, coa estrutura que podedes ver na fotografía, os diferentes
elementos presentes nas relacións laborais e polo tanto na supervisión, e como
a interrelación entre todos eles son claves á hora de realizar achegas dende a
supervisión.
Sitúa a organización na base, conectada en liña directa co liderado e
coa cultura, e á súa vez cada un deles con outras organizacións cos usuarios,
coas estratexias e visión de futuro, roles, etc. cada elemento interacciona co
resto, como en calquera estrutura a totalidade é mais que a suma das partes e
incidindo en calquera dos seus elementos cambian os outros.
En momentos bonanza parece mais natural que as organizacións se miren
cara a dentro pero en momentos de crise a mirada ten que ser dobre, para
subsistir, traballando dende as oportunidades non dende a culpabilización.
A supervisión achega ao clima laboral un situarse “ao lado de”, apoiándose
nos principios reitores que fan que da desconfianza se poda pasar á confianza,
da incertidume do futuro ao goce do presente.
Ioseba Guillermo, da Asociación Nuevo Futuro http://nuevo-futuro.org/index.php/supervision/
, presentounos os resultados da supervisión na súa organización.
Esta práctica permitiulles baixar o nivel de stress entre os seus
traballadores, conectando coas potencialidades e o empoderamento dos
profesionais, que ao traballar nun ambiente de protección, fixo que non foran
invadidos pola alta dificultade no desempeño da tarefa na súa organización
(traballan con menores en risco social).
A nivel cuantitativo, con datos impresionantes, entre eles o descenso do
absentismo laboral dun 6,44% a un 2, 42% e o aforro económico que supuxeron os
cambios na mellora da rotación do persoal, nas baixas etc.
Como conclusións de meses de traballo que non rematan se non que forman
parte da cultura da súa organización, Ioseba dinos que a supervisión dálles
rigor, creatividade e capacidade de adaptación aos cambios, e sobre todo practicar o valor sobre as persoas.
É de agradecer que unha organización relativamente pequena como ISPA http://62.99.53.27:8081/ispa/index.php?option=com_content&view=article&id=92&Itemid=126
manteña este tipo de formación e de facilidades para participar a todas as
persoas que pensan que a supervisión é unha ferramenta que mellora notablemente
o benestar, eu son dese grupo.