8 de decembro de 2015

2015 Como foi?

Rematar o ano cun resumo

Vexo o blog e quero rematar o ano contando como estou que fago na miña profesión.

Vou ser breve o 2015 foi un ano de asentar de afondar o que empecei no 2014, por un lado A Asociación Boa Vida e por outro a Gestalt.

Co sabor da loita, da dificultade, da perseveranza e do pracer … remato o ano...

A loita por construírme e reconstruírme día a día.

A dificultade de sentir, facer e compartir en equipo.

A perseveranza que da o pracer dos resultados eses que saboreei con gusto de verme renacer... , crecer... e que non teñen palabras nin papeis detrás e que si quedan dentro, moi dentro no corazón, na pel e na mirada.

Camiñando coa Gestalt iniciando a supervisión e rematando os traballos pendentes para a memoria final, tamén aplicándoa e vivíndoa, na asociación e nas relacións e na vida.

Camiñando con Boa Vida, vendo medrar o plantado, podando vellas pólas e coidando os novos xermolos sen perder de vista as sementes gardadas para a próxima primavera.


Como dicía Armando en Nicaragua. PURA VIDA!