Rematar o ano cun
resumo
Vou ser breve o
2015 foi un ano de asentar de afondar o que empecei no 2014, por un lado A
Asociación Boa Vida e por outro a Gestalt.
Co sabor da
loita, da dificultade, da perseveranza e do pracer … remato o ano...
A loita por construírme
e reconstruírme día a día.
A dificultade de
sentir, facer e compartir en equipo.
A perseveranza
que da o pracer dos resultados eses que saboreei con gusto de verme renacer...
, crecer... e que non teñen palabras nin papeis detrás e que si quedan dentro,
moi dentro no corazón, na pel e na mirada.
Camiñando coa
Gestalt iniciando a supervisión e rematando os traballos pendentes para a
memoria final, tamén aplicándoa e vivíndoa, na asociación e nas relacións e na
vida.
Camiñando con Boa
Vida, vendo medrar o plantado, podando vellas pólas e coidando os novos xermolos
sen perder de vista as sementes gardadas para a próxima primavera.
Como dicía Armando
en Nicaragua. PURA VIDA!