Este libro de Chérie Carter-Scott, 1998, entregado por unha amiga virtual veu a darme esperanza un día que non sabía que estaba pasando no xogo da vida, que parecía que perdía folgos.
O xogo da vida ten 10 reglas, xa coñecía algunhas pero ao velas escritas, e poder tamén ler, e repasar... e comprehender que xa algunhas destas reglas as estaba practicando e outras as tiña esquecidas, deume non só folgos para seguir adiante senón tamén alivio.
Nesta tarde de Nadal na que chego a casa (despois de Baltar), e me sinto agusto, co peito liviano e disposta a vivir os últimos 6 días do ano.
Collo da 4ª, regla. Unha lección que se repite ate aprendela. A Paciencia. Intento practicar, son paciente mentras espero un resultado de cambio no meu interior. Quero pasar a seguinte lección.... e da 5ª, A aprendizaxe non ten fin. A flexibilidade. Xa o dicia miña prima Antonia, a vida non é lisa e llana... e de novo adaptarme ao presente ao que hai, adaptarme hábilmente entre a ignorancia e a sabiduría, para ser mestra e alumna...ser flexible para maniobrar con facilidade nas curvas do sendeiro da vida.