I ESCOLA DE amorES
A escola de amorES, empeza a sua primeira edición 2020-2021
A matrícula está aberta.
¿inscríbeste? Sabes o que QUERES que estudar?
Paso o meu expediente por se che da pistas. Ti tes que elaborar o teu.
Na autoproba de nivel para o inicio de curso aprobei:
1- Organización de grupos en ONG’S.
2- Xestión economica familiar e social.
3- Educación en valores na adolescencia.
4- Creación de novas relacións respetuosas despois de rupturas.
5- A escoita.
6- O acompañamento.
Feitos os examenes de setembro suspendin algunhas asignaturas. Nas que quero matricularme este ano son as seguintes.
1- Autonomia emocional na parella.
2- Indentificación de faltas de respeto.
3- Alimentación con alegría.
Para matricularte tes que enviar un mail coas túas asignaturas.
E as horas que queres dedicar a estudar e practicar.
Unha vez ao mes enviar informe cos exercicios.
A escola de amorES, axudarache a facer o temario e acompañarate en todo o curso escolar.
A cambio solo tes que enviar as tuas asignaturas e os resultados das probas que ti mesma decidas para saber se aprendiches e pasas a outras temáticas ou se repites asignatura.
Que che parece??