DESPEDIDA (Conto 3 de un conto de contos)
Un mes sen ti? Canto tempo sen min?
Din as teorías psicolóxicas que para amar aos demais hai que amarse a si mesmo, nada novo, xa Jesús de Jerusalén o dicía…. Despois veñen as teorías da dó, o luto, por fin atopo sinónimo en galego, a nivel de conciencia non había unha palabra que se use no meu imaxinario para definir o “duelo” en castelán, aínda que o tradutor da Xunta di que si que e esa a palabra.
Poi iso o luto. Primeiro poste de negro, despois de grises... alivio... e cando rematas xa te podes vestir de cores...
Estou de luto, morreu ou mais ben matouse o amor que eu tiña por alguén.
Desperto coa dor no peito propia do luto, sei que fai un mes que morreu, e dóeme, ¿quen non tivo un luto na vida?, todos sabemos que o luto doe, doe diferente se é unha morte dun ser querido, ou se é unha perda de algo material, ou unh divorcio ou unha separación ou ruptura sentimental dun amigo, amiga, noivo, amante, …. cada luto doe de forma diferente, incluso con intensidade diferente e apura ou enlentece as ganas de volver a vestirse de cores….. -sabedes que o luto significa vestirse de negro-.
Os despertares son significativos, estou atenta a eles, hoxe foi un despertar doce … estaba soñando que un home de barba pelirroxa me dicía que non podía quererme que tiña demasiadas cicatrices e u dicíalle que eu tamén… trememos mirándonos e despertei…. Recordei o resto do soño eran anacos dunha realidade inconexa, amigos con fillos adoptados, sorrisos de atoparnos, e tamén coñecer xente nova que facía puenting...e finamente o maxestoso bosque con pedras cheas de musgo e lique… pedras e árbores que recollen a vida de xentes pasadas….
Escribo a unha amiga, que fácil é arranxar a vida dos outros…. Xa o diciamos nas comidas familiares….
Volvo á miña viga, esa tan pesada que non vexo no ollo propio.
Xa para rematar, e non liarme a apalabraría baleira…. Quería escribirlle a un morto, para dicirlle que o voto moito en falta, para preguntarlle como era posible que non se comunicara conmigo, que non quería interromper o seu luto…. E afortunadamente acordeime doutra amiga e escribinlle a ela… ela está viva...., pode responder… e tamén me acordei do vídeo de YouTube de Laura Moreno, se alguén desaparece da miña vida é porque non quere estar…. Déixao tranquilo… foise porque o quixo… fin do conto….
Levarlle flores ao cemiterio….
E despedirse cantas veces faga falta ate que o despertar sexa outro…..