CANTO TEMPO LEVA VIVIR???
Había unha vez unha muller que vivía nun pais moi lonxano.....que entrada a década dos 50 e relacionándose con persoas doutras décadas, 60, 70, 80... observando a vida…. Preguntouse … ¿canto tempo leva vivir?
Aquela muller era amante da Boa Vida, perseguía esa meta do bo vivir, foi dende que, ao entrar na década dos 40 decidira por atención aos minutos vividos …. como se fosen os últimos… xa a morte a visitara na década dos 20 e dos 30 con suficiente impacto para saber que pasamos por este plano e nos vamos….
Pois escoitando persoas que estaban en idades xa avanzadas, e non tan avanzadas....foi vendo ...por exemplo…. que a sexualidade para homes e mulleres cambia cos anos, a veces desaparece tal e como se coñeceu outras cambia a algo novo, e que en cada persoa é diferente aínda, que sempre hai similitudes, ….preguntouse … ¿como será a miña sexualidade despois da menopausia?
Outra temática que lle interesaba era a de pan, traballo e teito, ela xa tiña todo iso, pero algo non lle cadraba no que escoitaba nas persoas que, non tiñan horario laboral; delas aprendeu que o tempo invertido en ganar cartos, é dicir o traballo, é un tempo … non quería dicir… perdido… pero ao que se lle debe prestar atención para que vivir e traballar sexan un so estado… isto aprendeuno das amizades desempregadas, ou xubiladas…. Parece diferente pero non o é, se o desemprego che permite ter teito, comida, amizade… saúde, e amor….. claro… E preguntouse como empregarei o meu tempo cando me xubile ou cando esté sen o horario laboral actual?
Aquela muller era afortunada, o tempo empregado en ganar cartos era para ela un tempo para si mesma, tivo a fortuna de acompañarse de moitas persoas desempregadas que coñecían o segredo da vida, e grazas a iso puido ganar para vivir e investir tempo en si mesma esas horas de “...traballo….” eran horas para a vida.
Despois de escoitar, vidas e preguntas, recordou o seu lema, o da vella canción de “tres cosas hay en la vida,.... salud, dinero y amor...” e puido dicir que facer a compra, cociñar, comer, ducharse, coidar a casa, estar cos que queres, bailar, escoitar musica, ler, meditar, ir en bicicleta, charlar, escoitar, educar fillos, convivir con parellas, buscar parellas, romper parellas, manter relacións, ir a clases, aprender un idioma, ou a tocar un instrumento….ou ensaio e error…. de probar para saber o que quería, o que lle facía ser feliz…..Era realmente VIVIR, e que todo iso que ela xa facía cambiaba moitísimo se o tempo de ganar cartos estaba delimitado por un horario ou non….ou os tempos de crianza… ou os tempos de coidar os maiores… entón... chegou a algunhas conclusións e a moitas preguntas:
Conclusión 1. Cando aquelo que consideramos vida se ve e se coida podemos despegarnos de patróns … sexan os que sexan… patróns que nos din por exemplo: hai que ducharse a diario, hai que aspirar a casa a diario, hai que facer o amor a diario, hai que ganar cartos…. Hai que ...hai que… mandatos ou patróns que poden servir para vivir ou mal vivir, e cando os horarios non veñen marcados de novo empezamos a pasar horas no supermercado, na cociña, na cama, na limpeza, en gañar cartos…. Pero se non se ve e se coida esa vida, non nos desapegamos deses patróns e podemos atoparnos ante un….. non teño tempo…
e preguntouse…. a que dedico o tempo para non ter tempo?
Conclusión 2. Ela tiña que desobedecer. Todos os patróns posibles…. Para ver … sentir… pensar… o que ela quería para VIVIR, … decidiu empezar por perder o tempo, desempregalo non aproveitalo… probar a non ducharse, a non cociñar, a non coidar, a sentarse nun bar escoitar as conversas alleas.. mercar cousas inútiles,… e preguntouse….. Perderei o tempo ou gañareino?.
Conclusión 3. O tempo mais rico resultou ser aquel de …….
escoitar o seu fillo sen estar pensando na resposta a dar… gardar silencio despois de escoitar… escribir mais tarde o que lle gustaría aconsellarlle e meses despois entregarllo,
Sentarse a escribir mentres outro fai a compra, a comida ou coida….
Levantarse tarde, meditar, ….ou intentalo… marchar de viaxe… masturbarse… ligar cunha nova persoa… ler…. Estar con persoas que aprecia….e decidir non estar coas que… a pesar de apreciar non é o momento de estar… de empregar o tempo niso….
E volta a empezar… a ver… verse… pararse… darse permiso sempre para dicir si ou non, coa liberdade de ser fiel a si mesma e de equivocarse…. E de volver a empezar.
¿canto tempo leva vivir? Todo o tempo leva vivir, cada minuto é vida, e cada día é vida vivida, solo con darse conta diso en cada respiración en cada abrazo.
Esa foi a única resposta que atopou, as outras aínda segue agora na súa busca.
Colorin colorado este conto está rematado.