8 de setembro de 2010

¿Que é a Super Visión?


Para achegarse ao concepto de supervisión, tería que facerse unha extensa explicación. Pronto aparecerá neste blog un resumo da historia da supervisión, pero penso que é importante ir deixando claro de que estou a falar, para isto recorro a Carmina Puig, a miña supervisora, que ten publicada a súa tese sobre este tema e nela define a supervisión indicando que, " un proceso que a míudo se desenvolve e aplica tanto no exercicio profesional como na formación académica, e ten como obxectivo reflexionar e revisar o que facer profesional e os sentimentos que acompañan a actividade, así como contrastar os marcos teóricos e conceptuais da práctica cotiá".

Para min, supón un espazo de formación e renovación, no que crecer profesionalmente, fortalecendo a practica diaria de forma que todo o que fago ten un sentido que me permite crear no traballo e recoñecer erros, acertos e avanzar no Traballo Social.

Como a palabra supervisión está ligada ao control, gustame escribila separada, para que se vexa claramente que se está falando doutro concepto, que ten que ver mais cunha visión diferente, dende fora, e non necesariamente superior, pero si con diferente perspectiva. Por iso non é o mesmo ver o castiñeiro completo que o detalle das súas follas, sentir a forza do seu tronco centenario que a fraxilidade das súas polas, ou saberse nun outono amarelo, con castañas para asar, que nunha primaveira florida. A supervisión tamén ten vida propia como proceso, igoal que o castiñeiro, coas suas estacións, enfermidades, froitos en novos brotes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario