O próximo 5 de novembro celebrarase unha xornada formativa sobre supervisión e intervisión psico social en Santiago de Compostela.
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, organiza a presentación de formación en Supervisión Psicosocial.
As persoas que participen nesta xornada, traballarán sobre o concepto de supervisión social, e farán unha práctica de intervisión, esta é unha boa ocasión achegarse a estes conceptos e ver que melloras poden incorporar ao traballo profesional diario.
O horario da xornada é o seguinte:
17:00- Presentación do grupo.
17:30- Introdución. Supervisión e intervisión profesional. Procesos técnicos e persoais.
18:30- Descanso.
18:45- Practica de intervisión.
20:00- Presentación da formación en supervisión psicosocial 2011-2013.
20:30- Peche.
Docente: Pepa Vázquez Martínez, Traballadora Social.
Inscricións no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Para máis información: telefono 981552206
Web http://www.colexioeducadores.com/index.asp
20 de outubro de 2010
15 de outubro de 2010
Resumo Seminario Supervisión Xuño 2010
Os días 3, 4 e 5 de xuño estivemos en Santiago de Compostela, 20 persoas aprendendo sobre supervisión social. Despois da excelente experiencia formativa, estamos difundindo a posibilidade de formarnos como supervisoras do ámbito psicosocial.
A xente que se achega pregunta, xa que a pesar de que ten unha longa tradición nos ámbitos sociais e psicolóxicos, este ámbito de traballo, a supervisión é insuficientemente coñecido. Con esta reseña, resumo o que foi o seminario, tanto a nivel de coñecementos, como de vivencia e aprendizaxe practica do que é a supervisión.Foron 20 horas de traballo intenso, agradable e tranquilo, dun grupo de 20 persoas que non se coñecían e que se achegaban ao seminario con expectativas diversas e unha en común, aproveitar o tempo gozando aprendendo e adquirindo habilidades de xeito ameno.
A introdución á metodoloxía da INTERVISIÓN, serviunos para poder traballar sobrecasos prácticos. Foi así como cada persoa puido ter a opción pensar e traballar no marco do curso, sobre que cuestións lle gustaría presentar ao grupo ou revisar persoalmente.
Finalmente escollemos en grupo un caso ou situación dunha compañeira e traballouse sobre un problema real de difícil solución, que neste caso, tiña que ver coa autoridade e estruturas organizativas, e como estas afectan ao traballo dos técnicos na intervención diaria coas persoas.
Concluímos que practicamente non tiña unha solución inmediata, pero si puidemos ver que a posición técnica con coraxe e sen levar a unha situación de risco pode influír nas estruturas, e que actuar de xeito libre permítenos respectarnos a nós mesmos e non deixarnos “estar” no sufrimento ou malestar profesional.
Afondamos no concepto de supervisión, na practica, nos “encadres” que se precisan nos medios, métodos e técnicas. Moi interesante e ameno, resultou presenciar unha supervisión individual, levada a cabo polas formadoras, nunha persoa- profesional do grupo que quixo compartir e traballar sobre a súa situación.
Estimulante e práctico resultou pararnos a pensar como podíamos levar á nosa practica diaria os coñecementos adquiridos, traballamos en grupo e fixemos a posta en común, que facilitou enormemente a visualización das posibles prácticas.
Finalmente presentouse a modo de introdución a Análise Transaccional como un dos posibles marcos de traballo da supervisión.Creativamente despedímonos coa avaliación individual oral, e posteriormente escrita.
Da avaliación cuantitativa, destacar que mais do 70%, dos profesionais asistentes, mostraron unha alta satisfacción cos métodos de traballo, obxectivos e resultados obtidos. En canto a valoración cualitativa, resulta difícil extraer unha única opinión, atrévome a dicir que (corríxanme as persoas que estiveron) o mais destacable foi o traballo e a aprendizaxe do grupo xunto con novas técnicas e adquisición de seguridade profesional.Esta é a opinión de tres participantes que queren compartir con vós a súa impresión xeral e que penso que sintetiza moi ben o que acabo de presentar:
1- “En relación ao curso de xuño dicir soamente que para min supuxo, ademais de coñecemento, unha experiencia e unha vivencia en primeira persoa moi interesante. O feito de traballar con situacións reais e vernos metidas ao 100% no tema foi unha boa aprendizaxe, se a isto engadimos o manexo de os sentimentos e as emocións que afloraron na aula creando ese espazo de axuda podo dicir que eu saquei grande proveito desa fin de semana.
O grupo foi tamén un elemento moi importante xa que se creou realmente ambiente de colaboración e traballo en equipo e puiden aprender de todas e cada unha das persoas que estabamos na aula”. Traballadora Social.
2- “para min a sesión de xuño, supuxo un reencontro coa profesión, ver o que facemos dende outra perspectiva, axudoume a valorar aínda máis a nosa labor. A nivel persoal foi duro enfrontarme cos medos e inseguridades en público, pero hai que curtirse e aprender a non sufrir”. Traballadora Social
3- "O seminario de supervisión ao que asistín en xuño 2010, ofreceume a oportunidade de coñecer un modelo de traballo para o día a día, que favorece a reflexión, a aprendizaxe continua, e a mellora das nosas intervencións psicosociais. Ofreceume tamén a posibilidade de coñecer a un grupo de profesionais interesadas/os no debate e o pensamento crítico, para un mellor rendemento e satisfacción laboral, que impacta sempre positivamente no proceso vital de cada unha/un de nós." María Martínez Psicóloga.
En resumo un seminario cheo de iniciativa y creatividade que conduciu á aprendizaxe consciente. La enerxía que xurdiu é de continualo. De realizar a formación completa.
Vós tedes a palabra. As formadoras e eu queremos que así poda SER.

Un dos elementos metodolóxicos interesantes foi que despois de cada sesión solicitóusenos que entregaramos ás relatoras un resumo de ideas clave suxestións, e pensamentos e reflexións para poder avanzar. Isto permitiu adaptar o programa preestablecido ao ritmo do grupo, xa que esta información era elaborada e devolta ao grupo antes do inicio da seguinte sesión de traballo.
A presentación do grupo requiriu tempo e enerxía, e aínda que parecía un pouco longa era necesaria. Esta permitiu ao grupo que traballa como tal e posibilitou o traballo como un verdadeiro equipo. Fomos respondendo a ás seguintes preguntas , con matices, con ideas novas e renovadas, con singularidades e creatividade
- Quen son eu
- Que expectativas teño
- Que quero que pase
- Que quero que non pase
- Que me quero levar
- Para min a supervisión é....
- Para min o coaching é ....
A introdución á metodoloxía da INTERVISIÓN, serviunos para poder traballar sobrecasos prácticos. Foi así como cada persoa puido ter a opción pensar e traballar no marco do curso, sobre que cuestións lle gustaría presentar ao grupo ou revisar persoalmente.
Finalmente escollemos en grupo un caso ou situación dunha compañeira e traballouse sobre un problema real de difícil solución, que neste caso, tiña que ver coa autoridade e estruturas organizativas, e como estas afectan ao traballo dos técnicos na intervención diaria coas persoas.
Concluímos que practicamente non tiña unha solución inmediata, pero si puidemos ver que a posición técnica con coraxe e sen levar a unha situación de risco pode influír nas estruturas, e que actuar de xeito libre permítenos respectarnos a nós mesmos e non deixarnos “estar” no sufrimento ou malestar profesional.
Afondamos no concepto de supervisión, na practica, nos “encadres” que se precisan nos medios, métodos e técnicas. Moi interesante e ameno, resultou presenciar unha supervisión individual, levada a cabo polas formadoras, nunha persoa- profesional do grupo que quixo compartir e traballar sobre a súa situación.
Estimulante e práctico resultou pararnos a pensar como podíamos levar á nosa practica diaria os coñecementos adquiridos, traballamos en grupo e fixemos a posta en común, que facilitou enormemente a visualización das posibles prácticas.
Finalmente presentouse a modo de introdución a Análise Transaccional como un dos posibles marcos de traballo da supervisión.Creativamente despedímonos coa avaliación individual oral, e posteriormente escrita.
Da avaliación cuantitativa, destacar que mais do 70%, dos profesionais asistentes, mostraron unha alta satisfacción cos métodos de traballo, obxectivos e resultados obtidos. En canto a valoración cualitativa, resulta difícil extraer unha única opinión, atrévome a dicir que (corríxanme as persoas que estiveron) o mais destacable foi o traballo e a aprendizaxe do grupo xunto con novas técnicas e adquisición de seguridade profesional.Esta é a opinión de tres participantes que queren compartir con vós a súa impresión xeral e que penso que sintetiza moi ben o que acabo de presentar:
1- “En relación ao curso de xuño dicir soamente que para min supuxo, ademais de coñecemento, unha experiencia e unha vivencia en primeira persoa moi interesante. O feito de traballar con situacións reais e vernos metidas ao 100% no tema foi unha boa aprendizaxe, se a isto engadimos o manexo de os sentimentos e as emocións que afloraron na aula creando ese espazo de axuda podo dicir que eu saquei grande proveito desa fin de semana.
O grupo foi tamén un elemento moi importante xa que se creou realmente ambiente de colaboración e traballo en equipo e puiden aprender de todas e cada unha das persoas que estabamos na aula”. Traballadora Social.
2- “para min a sesión de xuño, supuxo un reencontro coa profesión, ver o que facemos dende outra perspectiva, axudoume a valorar aínda máis a nosa labor. A nivel persoal foi duro enfrontarme cos medos e inseguridades en público, pero hai que curtirse e aprender a non sufrir”. Traballadora Social
3- "O seminario de supervisión ao que asistín en xuño 2010, ofreceume a oportunidade de coñecer un modelo de traballo para o día a día, que favorece a reflexión, a aprendizaxe continua, e a mellora das nosas intervencións psicosociais. Ofreceume tamén a posibilidade de coñecer a un grupo de profesionais interesadas/os no debate e o pensamento crítico, para un mellor rendemento e satisfacción laboral, que impacta sempre positivamente no proceso vital de cada unha/un de nós." María Martínez Psicóloga.
En resumo un seminario cheo de iniciativa y creatividade que conduciu á aprendizaxe consciente. La enerxía que xurdiu é de continualo. De realizar a formación completa.
Vós tedes a palabra. As formadoras e eu queremos que así poda SER.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)