O próximo 5 de novembro celebrarase unha xornada formativa sobre supervisión e intervisión psico social en Santiago de Compostela.
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, organiza a presentación de formación en Supervisión Psicosocial.
As persoas que participen nesta xornada, traballarán sobre o concepto de supervisión social, e farán unha práctica de intervisión, esta é unha boa ocasión achegarse a estes conceptos e ver que melloras poden incorporar ao traballo profesional diario.
O horario da xornada é o seguinte:
17:00- Presentación do grupo.
17:30- Introdución. Supervisión e intervisión profesional. Procesos técnicos e persoais.
18:30- Descanso.
18:45- Practica de intervisión.
20:00- Presentación da formación en supervisión psicosocial 2011-2013.
20:30- Peche.
Docente: Pepa Vázquez Martínez, Traballadora Social.
Inscricións no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Para máis información: telefono 981552206
Web http://www.colexioeducadores.com/index.asp
Hola,
ResponderEliminarGracias polo ofrecemento desta formación gratuita, é unha gran oportunidade para os profesionais de aproximarse á supervisión.