Fai uns días propuxéronme facer unha entrevista sobre o meu traballo, sempre dubido sobre a utilidade destas cuestións, pero dende que un bo amigo (Xosé C.) me prestou un libro sobre Marketing e Servizos Sociais, estou cambiando a miña actitude "recelosa", ante os medios que normalmente buscan sensacionalismo cando se achegan ás profesionais ou ás persoas participantes dos Servizos Sociais.
Ao mesmo tempo estaba colaborando, con Gustavo García, nunhas entrevistas simultaneas, con outras profesionais, para un nº especial sobre a crise, da revista do Consello Xeral de Traballo Social; no borrador observo que comparto grande parte das opinións desta entrevista con compañeiras de fora de Galicia, canto esté listo subireino ao Blog.

Ben, digo isto porque me gustaría coñecer a vosa opinión, esta foi a miña primeria entrevista, e Rosa, facilitoume moito a tarefa, pero sempre se pode mellorar... ¿que vos parece?.