7 de febreiro de 2011

Aprendizaxe constante

Como xa sabedes polo facebook sigo coa formación en Supervisión, estamos vendo como darlle forma, xa que a constitución do grupo é laboriosa.

Mentras tanto, iremos a Bilbao o 26, á xornda de ISPA-Supervisión, e estou preparando con Mónica Couso, do gabinte Proceso, un café-coaching para o mes de marzo, no que presentaremos a técnica de supervisión entre iguais "intervisión psicosocial" e teremos ocasión de compartir experiencias, pronto teremos o programa listo.


O traballo colectivo, non cesa, e como a miña especialidade é a Inclusión Social, estou promovendo a creación dun colectivo profesional neste campo, tamén estamos preparando o documento marco que pronto será publicado. Polo momento somos poucas pero con enerxía para traballar, seguro será un grupo creativo e vangardista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario