O pasado 1 de abril organicei con Monica Couso do gabinete Proceso un café-coaching sobre inter-visión, facilitamos o encontro de mais de 20 profesionais de diferentes sectores (traballo social, psicoloxía, enxeñería, economía...)
Na preparación sabíamos que ía ser unha experiencia novidosa para moita xente e que tal vez non se entendería ben, pero estabamos seguras de que sería cando menos ameno e divertido.
Para nós, así foi, gustanos traballar coa xente, escoitar, aprender e crear, así que gozamos deses minutos compartidos.
Fixemos a presentación cunha dinámica de grupos tal e como estaba previsto, para compartir as expectativas, logo tomamos un café recén feito, amenizado por Joao, que nos trouxo música e imaxes evocadoras dos beneficios do café, mentras os grupos organizados por países, cafeteros claro, ían traballando no precoñecemento a cerca da super-visión e inter-visión.
Na posta en común, recollemos as achegas dos grupos nas que se viu claramente que a super-visión social é unha grande descoñecida, aclararonse conceptos e presentouse a técnica da inter-visión ou super-visión entre iguais.
Sentimos non poder despedirnos con calma, unha vez mais o tempo foi insuficiente.
No feed-back recibido dalgunhas participantes fixeronnos saber que o tempo dedicado ao café foi excesivo que faltou tempo para o debate final, tomamos nota, en próximas edicións melloraremos isto.
Seguimos preparando material para outros encontros, esperamos as vosas inquedanzas e demandas sen elas este tipo de espazo non ten sentido.
Foi moi interesante o café final na Estafeta, na que sobre todo o grupo que se está formando en coaching ou xa é coach, agracedeu a creación do espazo e quedou en facer propostas, entre elas un obradoiro de respiración.
Esperamos comentarios.
Noraboa polo traballo e moito ánimo. Pero aprendíchedes algo neste encontro? Quizais sería interesante compartir algunhas das reflexions do cafe-coaching para ir avanzando no coñecemento da supervisión e xerando valor
ResponderEliminar