1-
28/11/12- Iniciar este espazo foi un
proceso de meses que dificilmente poderei hoxe plasmar aquí.
Camiñante non hai camiño... -Antonio
Machado (1875-1939)-
se esta frase tivo significado agora ten tamén significante, no camiño que a
Gestalt abriu para min. Dende aquí compártoo sobre todo coas compañeiras de formación
con quen e de quen tanto aprendín. (Zecilia, Raquel, Bea, Ana G, Ana F,
Alberto, Andrés, e Robert).
Vai por nós e polas persoas que coma nos camiñan e
fan camiño.
Para recoller aquí os inicios, nomeo a Ramiro e a Escola
Pañña, con quen empecei, e a Francisco Peñarrubia e Claudio Naranjo aos que lin
con avidez.
A María Rodríguez, a miña terapeuta con quen sigo camiñando.
A Xurxo que entendeu á primeira o que pretendía coa miña imaxe corporativa. www.dseña.com
A Valle, da escola Guibor de Santiago con quen tal vez siga o meu proceso de formación en Gestalt.
A http://gestaltnet.net.
Que me acabo de atopar e que conecta co meu sentir.
"Quienes
formamos
Gestaltnet.net deseamos que éste sea un espacio de co-creación de
unacomunidad de personas interesadas en la terapia Gestalt, donde poder
intercambiar recursos útiles y servicios de comunicación que posibiliten
el
contacto entre nosotros".
Déixovos
e convídovos a camiñar xuntos.
Breves
das dúas obras de lectura do primeiro ano:
Da
“Terapia Gestalt. A vía do baleiro
fértil”, de Francisco Peñarrubia”. Sinto que obtiven coñecemento, que este
é un manual básico para coñecer a Gestalt no seu conxunto, ordenada,
sistematizada, coas súas luces e as súas sombras.
Do
segundo “A vella e novísima Gestalt”, de
Claudio Naranjo, recibo o cariño que transmite Claudio, a autenticidade da
construción no presente, e síntome parte desa corrente. Ao mesmo tempo remato
coa pena de non poder estudalo e compartilo con outros aliados. Estarei atenta
cando cheguen.
Grazas
a Pañña. http://www.gestaltgalicia.com
A vella e novisima Gestalt
Claudio Naranjo
Tradución autorizada polo
autor
Editorial Cuatro Vientos
Madrid 1990
http://www.fundacionclaudionaranjo.com/index.php
Pax.
276. “Penso que a terapia gestáltica, aquel revolucionario método que floreceu
e xurdiu na cultura de fai quince anos atrás, actualmente corre o risco de
converterse nunha ortodoxia mais, nun monopolio similar ao da psicanálise no
pasado. E penso que hoxe en día sería apropiado – cando a Gestalt é amplamente
recoñecida- que flexibilizara mais os seus límites, para así facilitar o
desenvolvemento dunha Gestalt mais ampla: un enfoque holístico onde as
capacidades do individuo para traballar en si mesmo foran empregadas na
práctica meditativa e da toma de conciencia da vida diaria, e onde o traballo
corporal así como tamén unha perspectiva mental sobre o desenvolvemento humano
contribuíra ao proceso de crecemento do
individuo –ademais das sesións de terapia propiamente tales. A terapia
gestáltica entón serviría aínda mellor á súa función, como un elemento valioso
nun mosaico que, ao mesmo tempo, a complementaría e apoiaría.”
A vía do baleiro fértil
Francisco Peñarrubia
Alianza Editorial
Madrid 1998
http://psicoletra.blogspot.com.es/2012/06/francisco-penarrubia-terapia-gestalt-la.html
ARTE E
CREATIVIDADE NA TERAPIA
A superación do debate técnica - intuición, conecta coas
artes como expresión de técnicas e “intuicións” dos artistas.
Ambas se complementan non poden ser a unha sen a outra, e a
terapia e a arte son tamén complementarias xa na súa expresión mais xenuína
representar o invisible o máxico axudaba a curar as enfermidades.
Peñarrubia fai un excelente percorrido polas diferentes
expresións artísticas e a súa conexión coa psicoloxía, dende Freud nas
explicacións do inconsciente na literatura e artes plásticas ate Fritz que
conecta o baleiro fértil co proceso de creación artística.
A terapia conecta coa arte na expresión dos feitos creadores
humanos, todos somos creadores, e artistas na entrega e receptividade, na
liberación dun mesmo e do coñecemento intelectual, no estar mais que no facer,
e na arte de ser un mesmo, unha mesma ante a vida, permitíndose a
espontaneidade e o non saber como forma de creación, coñecendo as técnicas e
esquecéndoas, convivindo coas limitacións e cos recursos propios.