28 de novembro de 2013

Dentro de pouco resumo do andado

Permítome copiar aquí as palabras dunha compañeira traballadora social, fíxomas chegar ao meu correo electrónico, e con iso recordoume que teño pendente actualizar as últimas andanzas así que antes de que remate o ano actualizarei datos.

Grazas Montse!!

Hola Pepa, estiven ollando  o teu blog,  e de verdade que te felicito, me gosta moito ,  e ademais se nota que crees no que estás a facer,  eu te animo para que continúes traballando sobre este tema, e ademais que escribas un manual,  dígocho en serio.   Escribes moi ben ,  e moi claro a min polo menos me chega.
Un bico  e gracias por sumar e compartir.

2 de maio de 2013

Traballo de Fin de Grado en Traballo Social






A supervisión como mirada, como apoio e autoapoio, con esa intención estou afondando nas teorías e praxes da supervisión.

A idea e coñecer mais, dende o que xa está feito e dende o que se podería facer, para isto deseñei o obxectivo da miña investigación como:

"...Determinar el grado de conocimiento que los responsables técnicos de servicios sociales tienen sobre la supervisión en la intervención social...."

Agradezo a dispoñibilidade das persoas que voluntariamente me están axudando tanto concedéndome entrevistas como localizando informantes de calidade, reflexionando  e axudando a construír este espazo de mellora e sostemento, tan preciso sempre, pero mais agora que parece que todo o sistema que levou máis de 30 anos en deseñarse parece estar en vías de extinción