24 de novembro de 2018

Alegría

Pensaba que non escribira nada este ano, e resulta que si, xa hai entradas, hoxe creei unha nova pestana, para o proxecto. CONTO DE CONTOS.

Levo como dous anos pensando en escribir, sobre o amor despois do amor, entre comillas todo el, e por fin onte, grazas a persoas que están dende fai pouco na miña vida puiden escribir, e con elas deseñar o que vai ser esa publicación aquí no blog. Para o día 1 do 2019 o primeiro conto.

3 de xuño de 2018

INTERVISION ANO 1


Co fin do curso escolar tamén nós nos tomamos un descanso, subo este breve para agradecer e facer presente a valía do camiño andado.

Agradecer ao Concello de Santiago de Compostela, o espazo, 
unha sala sempre dispoñible na Praza do Mataoiro.

Agradecer a Zecilia, a ilusión e o apoio na posta en marcha do grupo.

Agradecer atodas as persoas que durante o camiño puxeron enerxía, difundindo, tendo a intención de vir, (Nekane e Elena), e e ás que fomos, aos encontros de intervisión, a min mesma por poder verme mais alá da carencia, a Marta, a Pablo, a Ana, a Carmén, a Paca, por porse en xogo, por dar de si mesmos e compartilo, pola escoita e por facer posible, util, nutritivo e ilusionante o ENCONTRO.

Cinco encontros, (outubro, decembro, febreiro, abril, xuño) atoparnos, darnos estrutura, compartir, casos, proxectos, dilemas vitais, damos e recibimos, o que nos serve incorporamolo o que non desvotamolo, o que hoxe non vemos outro día podemos velo. 

Pechamos o ano 1. 2017-2018

Abrimos o ano 2. 2018-2019

Eu fago o meu ti fas o teu
Non estou neste mundo para encher as túas expectativas
E ti non estás neste mundo para encher as miñas

Ti es ti eu son eu
e se por casualidade nos atopamos é fermoso
se non, non pode remediarse

Perls, 1974



31 de marzo de 2018

Continuo camiño co ENEAGRAMA

Despois de dous anos sen ir a talleres e coa formación en Gestalt rematada o camiño de coñecerme precisaba entrenamento, fun a Águilas, en Murcia, atopeime cun equipo terapeutico impresionante, dos Comités de Educación da Fundación Claudio Naranjo e a 54 persoas que tamén están no camiño, choramos, rimos, entrenamos o músculo e seguimos a andar. 

Agora coñezo mellor o meu monstruo, vexoo de frente, ate o quero por momentos, .... 

Non podia faltar o ingrediente solidario no meu camiño:
TRAPEROS DE EMAÚS DE MURCIA,  alí me acolleron e me acompañaron no andar de Boa Vida.

A Pelrs, a o Abé Pierre, e ás mulleres anónimas que andan por este lares.

GRAZAS POR EXISTIR SER E COMPARTIR.