Co fin do curso escolar
tamén nós nos tomamos un descanso, subo este breve para agradecer e
facer presente a valía do camiño andado.
Agradecer ao Concello de
Santiago de Compostela, o espazo,
unha sala sempre dispoñible na
Praza do Mataoiro.
Agradecer a Zecilia, a
ilusión e o apoio na posta en marcha do grupo.
Agradecer atodas as
persoas que durante o camiño puxeron enerxía, difundindo, tendo a
intención de vir, (Nekane e Elena), e e ás que fomos, aos encontros
de intervisión, a min mesma por poder verme mais alá da carencia, a
Marta, a Pablo, a Ana, a Carmén, a Paca, por porse en xogo, por dar
de si mesmos e compartilo, pola escoita e por facer posible, util, nutritivo e ilusionante o ENCONTRO.
Cinco encontros, (outubro, decembro, febreiro, abril, xuño) atoparnos, darnos estrutura, compartir, casos, proxectos, dilemas vitais, damos e recibimos, o que nos serve incorporamolo o que non desvotamolo, o que hoxe non vemos outro día podemos velo.
Pechamos o ano 1.
2017-2018
Abrimos o ano 2.
2018-2019
Eu fago o meu ti fas o
teu
Non estou neste mundo
para encher as túas expectativas
E ti non estás neste
mundo para encher as miñas
Ti es ti eu son eu
e se por casualidade
nos atopamos é fermoso
se non, non pode
remediarse
Perls, 1974
Ningún comentario:
Publicar un comentario