3 de xuño de 2018

INTERVISION ANO 1


Co fin do curso escolar tamén nós nos tomamos un descanso, subo este breve para agradecer e facer presente a valía do camiño andado.

Agradecer ao Concello de Santiago de Compostela, o espazo, 
unha sala sempre dispoñible na Praza do Mataoiro.

Agradecer a Zecilia, a ilusión e o apoio na posta en marcha do grupo.

Agradecer atodas as persoas que durante o camiño puxeron enerxía, difundindo, tendo a intención de vir, (Nekane e Elena), e e ás que fomos, aos encontros de intervisión, a min mesma por poder verme mais alá da carencia, a Marta, a Pablo, a Ana, a Carmén, a Paca, por porse en xogo, por dar de si mesmos e compartilo, pola escoita e por facer posible, util, nutritivo e ilusionante o ENCONTRO.

Cinco encontros, (outubro, decembro, febreiro, abril, xuño) atoparnos, darnos estrutura, compartir, casos, proxectos, dilemas vitais, damos e recibimos, o que nos serve incorporamolo o que non desvotamolo, o que hoxe non vemos outro día podemos velo. 

Pechamos o ano 1. 2017-2018

Abrimos o ano 2. 2018-2019

Eu fago o meu ti fas o teu
Non estou neste mundo para encher as túas expectativas
E ti non estás neste mundo para encher as miñas

Ti es ti eu son eu
e se por casualidade nos atopamos é fermoso
se non, non pode remediarse

Perls, 1974