28 de novembro de 2020

ENXERTADA

 


A 22 días de cumprir 50 anos, Felicia levantase nun día de novembro soleado, por razóns difíciles de explicar coa cabeza, erguese acompañada e almorza na terraza, síntese enxertada, ….

Que é un enxerto? 

Unha árbore ten moitos procesos nace dunha semente, crecen as súas raíces cara o centro da terra e as súas pólas cara o ceo, e ao longo da vida, pode dar froito ou non, pode ter flores… e poden romperselle pólas… tamén pode ser enxertada, ....

O sentimento de Felicia era de recen cortada unha póla que mira a outra que foi rachada sen coidado,.... 

Agora corte é limpo e nese corte puxeronlle unha póliña doutra arbore, non sabe ben de que é, intúe que dará froito se o enxerto vai adiante, unha pereira?, Cereixeira.?? quixera que fose unha figueira pero as figueiras non se enxertan… esas prenden de cana….

Dóelle esa póla.. polo corte e supura sabia, tamén nota o emplasto pegañento que a une a esa nova póla... que tamén asustada mira a arbore á que a uniron con sospeitas ínquedas,.... quererame? Serei capaz de conectar e sobrepasar este corte polo que nos uniron? Recibirei alimento desta arbore?? 

O enxerto e a árbore saben que será difícil, que han de pasar meses para saber se finalmente cando saquen o emplasto e a tela que as une na primavera poderán comprobar se a sabia circula, se foi acollida, e se puido acoller, …. como é un día de inverno..... ambas miran ao sol, ...tímidas ollanse e .....confían solo poden facer iso...... mentres o inverno lles axuda a estar quietas, .....a deixarse cicatrizar e esperar a que marzo traia os resultados, mentres recibir auga, ...sol,..... frio, .....sentirse no inverno iso é todo, ....que non é pouco.

22 de novembro de 2020

Ao neto da Aurora


 Querido amigo....Entrei na casa baleira do noso pai. Ainda cos seis restos cebolas podres na mesa, mobles feitos por el....zapatos....e collin as baralla de cartas...o dominó....e volvin a Xinzo. 

Esta limpio e triste e xa non e el. Non sabe q día vive non lle gusta como o coidan e non ten poder para cámbialo.... Cando o tiña non o decididiu. Agora deciden...decidimos...

Morre de ganas de ir a Baltar 

Eu cheguei de volta a Pontevedra. 

Algo derrotada.... algo triste algo ......

Acordeime de ti...de vos...do señor David.... Do rápido q crecen os sabugueiros más casas baleiras...

Q saudade!!!  😔