28 de novembro de 2020

ENXERTADA

 


A 22 días de cumprir 50 anos, Felicia levantase nun día de novembro soleado, por razóns difíciles de explicar coa cabeza, erguese acompañada e almorza na terraza, síntese enxertada, ….

Que é un enxerto? 

Unha árbore ten moitos procesos nace dunha semente, crecen as súas raíces cara o centro da terra e as súas pólas cara o ceo, e ao longo da vida, pode dar froito ou non, pode ter flores… e poden romperselle pólas… tamén pode ser enxertada, ....

O sentimento de Felicia era de recen cortada unha póla que mira a outra que foi rachada sen coidado,.... 

Agora corte é limpo e nese corte puxeronlle unha póliña doutra arbore, non sabe ben de que é, intúe que dará froito se o enxerto vai adiante, unha pereira?, Cereixeira.?? quixera que fose unha figueira pero as figueiras non se enxertan… esas prenden de cana….

Dóelle esa póla.. polo corte e supura sabia, tamén nota o emplasto pegañento que a une a esa nova póla... que tamén asustada mira a arbore á que a uniron con sospeitas ínquedas,.... quererame? Serei capaz de conectar e sobrepasar este corte polo que nos uniron? Recibirei alimento desta arbore?? 

O enxerto e a árbore saben que será difícil, que han de pasar meses para saber se finalmente cando saquen o emplasto e a tela que as une na primavera poderán comprobar se a sabia circula, se foi acollida, e se puido acoller, …. como é un día de inverno..... ambas miran ao sol, ...tímidas ollanse e .....confían solo poden facer iso...... mentres o inverno lles axuda a estar quietas, .....a deixarse cicatrizar e esperar a que marzo traia os resultados, mentres recibir auga, ...sol,..... frio, .....sentirse no inverno iso é todo, ....que non é pouco.

1 comentario:

  1. Confiar e a mellor das opciones cando hai ou non ou tras opcions. Por que? Porque a confianza nace no corazón e esa e a mellor guía para o enxerto que promove vida. (Gracias por compartir)

    ResponderEliminar