5 de setembro de 2011

Grupo de INTERVISIÓN en Pontevedra

Como xa sabedes a supervisión é a análise da práctica profesional, a través dun proceso e unha relación que ten o obxectivo de revisar o quefacer profesional e os sentimentos que o acompañan, así como contrastar os marcos teóricos coa praxe cotiá dos profesionais.Na supervisión realizase un traballo individual, no que un supervisor ou supervisora formada para esta tarefa traballa cun so profesional.
É moi dificil contar en Galicia con profesionais desta área. Ante esta dificultade O Gabinete PROCESO de Pontevedra, oferta a posibilidade de participar nun grupo de inter-visión, a través dun método de traballo en grupo, que permite conseguir un asesoramento e análise da practica profesional.
PROCESO, facilita esta formación creando un grupo, coordinado por min, (Pepa Vázquez Traballadora Social) que xa conto con experiencia neste tipo de grupos, acollerei e dirixirei as sesións, de dúas horas de duración. Para saber que tipo de traballo se fai, explico brevemente os pasos precisos para levar a cabo esta técnica que consiste nun asesoramento entre profesionais dun mesmo nivel.

Dedicarase unha parte da primeira sesión á explicación da técnica e constitución do grupo, tanto para recoñecer o saber colectivo como para crear un ambiente seguro no que traballar.Téñense en conta, entre outras, as seguintes cuestións clave:
  1. Non caer no “eu sei mais que ...”. Trátase de acompañar dende o punto e momento no que está a outra persoa.
  2. Admitir a nosa propia inseguridade.
  3. Evitar o risco de invasión excesiva ou todo o contrario non falar nada.
  4. Ambiente seguro diferente da amizade.
  5. Ser conscientes de que as limitacións institucionais e persoais non deben anular o espazo de intervisión.
  6. Problemas e sentimentos persoais non deben ser “ventilados” neste tipo de relación.

Facilitarase ás persoas participantes un guión para traballar previamente as cuestións que desexan ser levadas ao grupo.
O grupo mínimo será de 5 profesionais mais a coordinadora, e máximo de 7 a 10.
A partir da experiencia desta edicción de 4 sesións prevese a continuidade do grupo cunha periodicidade mensual.

Na información difundida no diptico detallanse os días e horas previstas, na inscrición e entrevista aclararanse todos os interrogantes posibles.

A INTER-VISIÓN NA INTERVENCIÓN SOCIAL

Grupo de mellora profesional. A INTER-VISION, ten como obxectivo obter asesoramento entre iguais, como forma de reflexión e análise das propias actuacións profesionais.
Levase a cabo cun método de traballo participativo que permite a profesionais dun mesmo nivel, reflexionar e visibilizar novas perspectivas, neste tipo de proceso fortalécese a autonomía persoal e desenvólvense alternativas de actuación.
É interesante para profesionais do ámbito social, educativo e sanitario.

Unha aposta polo benestar profesional

Sábados de 10:30 a 12:30. 15 e 29 de outubro, 19 de novembro e 17 de decembro
Contactar para entrevista previa de admisión e reserva de praza antes do 4 de outubro.
Custe: 20 euros de matricula e 20 euros por sesión.
Conta corrente: BBVA 01820408120201543557
Organiza: PROCESO PSICOLOXÍA r/Marquesa 5-7, 2º A Pontevedra Telefonos: 680 130 933 e 686247370. Mail: psicologia.proceso@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario