20 de xaneiro de 2012

Facilitar


¡ Que importante é dar coa palabra exacta!!

Super-visora, coach, facilitadora, mediadora, orientadora, entrenadora, psicóloga, educadora social, psico-terapeuta, traballadora social, ….

Parto de dúas aprendizaxes desta semana, o meu traballo no grupo Inclusión social activa boa vida e as conversas con José Antonio Ramírez Amor, participante deste grupo, xunto coa asistencia á xornada formativa sobre Coaching que organizou A UNED en Pontevedra, http://www.quned.es/mvg/publico_actividad/3190, que de novo me levan á super-visión.

Teño a impresión, e quero compartila con vós, de que no fondo se trata de facerse un espazo no “mercado”, e pido perdón por adiantado por ser tan politicamente incorrecta.

Penso que a “arquitectura humana” é unha das miñas fortalezas e podo permitirme o luxo de facer este tipo de afirmacións, xa que con elas tamén eu me abro o meu propio “mercado”. Explícome.

Son Traballadora Social, e atopei na Supervisión a ferramenta de mellora profesional que me permitiu ter como coach a Mónica Couso, e agora iniciar a miña formación en Gestalt; a medida que van pasando os anos vexo que o que nos move como profesionais e como persoas é o noso propio benestar, entendido este como un valor indispensable para “manterse” na relación de axuda, en todas as súas dimensións, incluídas aquelas que supoñen axudar a unha multinacional a aumentar os seus ingresos.

Entón volvo a enredarme coas palabras, coas tendencias e as modas, …. e preciso apelar ao sentido común, e a ecoloxía, para facer un uso axeitado dos coñecementos e neste caso, para afiar as ferramentas que xa teño, para practicar con elas e poder seguir chamándolle relación de axuda dende a super-visión para min, dende a facilitación, o coaching ou a orientación, para outros, á aquela relación que permite unha mellora, persoal, de grupo ou empresarial … por nomear algunhas das áreas nas as persoas ou grupos desexan dende unha perspectiva holística acadar unha mellora cara o benestar persoal e colectivo.

Grazas, ás verdadeiras, afiadoras de ferramentas que busco e atopo no camiño!!

1 comentario:

  1. Mucho ánimo¡¡¡¡ Conseguirás todo lo que te propongas

    ResponderEliminar