12 de xaneiro de 2019

Inspiración

Un libro te contos ten que empezar… co clásico … Había unha vez…. E rematar cun … colorín colorado este conto está rematado….

Pois vai o conto que nos inspirou os seguintes contos….

Había una vez una aboa, que se chamaba Brigida Carballo Lorenzo, que se casou co mozo mais guapo da familia dos Finos, das terras de Pixeirós onde a raiña loba foi asasinada nun acto de venganza por un Martínez.
Pois esa aboa, é a miña aboa, a mai Brixida, ela era una muller avanzada aos seus tempos viuva, valente, e sobre todo tranquila e alegre, sempre cun sorriso e disposta a sentarse ao pe da lareira a contar un conto, iso si, despois de ver a misa pola televisión, que co cura do pobo non se falaba.
Ela sabía historias de mulleres, de homes, de amores, e desamores, … cando nos vía prepararnos para ir de festa, sempre dicía:
  • Tranquila que o que está para ti non o leva outra.
Ou :
  • Tranquila que onde hai una anduriña hai un anduriño.
Así foi como co paso dos anos fun recopilando os contos da miña aboa, e das ancestras que hoxe se fan presentes nestes contos, que como di o cantar….
“soy una niña salvaje inocente, libre y sincera… tengo todas las edades.. mis ancestras viven en mi”.
Leredes nestes contos historias reais, que poden ser de experiencias, de vida, amor, e morte, , do seculo XXI, ou de calquera tempo, esperamos que nalgún fragmento deles podas dicir:
  • E certo que é real, eu vivin iso.
E nese caso nos envíes un email, contándonos a túa historia, con ela seguiremos facendo contos novos nos que compartir, alegrías e tristruas, amores e desamores e sempre vida e esperanza.

A miña aboa xa non vive, pero Susana, María, Patricia, Mati, Carmen, e Javier, empuxaron e quixeron que escribirá estes contos que vos iremos presentando pouco a pouco como se facían os contos cando o audiovisual non metía presa, e a historia dos músicos de bremen podía durar unha semana, ou Basilisa a sabia, acompañábanos meses ate que comprendíamos o que nos quería contar.


E colorín colorado este conto está rematado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario