12 de xaneiro de 2019

Facendo e desfacendo vai a burra aprendendo

No mundo da psicoloxía, chamase, ensaio erro, para min na vida chamase, se loito podo perder se non estou perdida.(regalo indio de Isabel Camba)

A páxina CONTO DE CONTOS, nace en setembro despois dun parto longo tal vez 3 ou 4 anos, ou mais canto tempo María?, 

Canto tempo levamos mercando libretas e apuntando anecdotas para escribir un libro?, debes ter ti a primeira libreta coa data mercada na estación de autobuses de Santiago, a idea foi pasando por fases diversas e finalmente colleu impulso ao ter nome, CONTO DE CONTOS, será o que teña que ser, igual que a criatura que nace, e se constrúe, como vedes nace con faltas de ortografía, cunha literatura sen pulir, así son os bebés imperfectos, así é a vida.

Na foto a mai Brixida, Maria José no chan de pé e no colo, Cristina e eu. Simbolo dunha muller que con dous brazos sacou adiante 9 fillos, e axudou a criar 4 netos, case seguro que mais. Feita a foto sobre un pano de cociña, que para a nosa familia ten un simbolismo que aparecerá nun conto se é que algún dos primos quere escribilo.

Que así sexa, así é, feito está. Grazas, grazas, grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario