13 de febreiro de 2021

AMOR A MIN MESMA

 
Había unha vez unha muller, poderosa que solo ela non sabía do seu poder, todos ao seu arredor recoñecían o poder que tiña para vivir e dar vida, pero ela non o percibía, polo tanto viviu moitos anos escondida detrás dunha aparente incapacidade para vivir soa.

Despois de moitas tardiñas, entre lusco e fusco, e moitos amenceres tristes e doridos empezou un camiño sen retorno, un camiño que sen sabelo a conduciría a facerse cargo do seu poder, ese camiño empezarao anos atrás non se sabe cantos pode que vinte ou trinta, o caso é que chegou un día, no que sucedeu o seguinte:

Era un sábado calquera de calquera mes do ano, cun tempo calquera, sol ou choiva, aquela muller acudiu a un lugar no que recibía axuda para atoparse a si mesma e deixar de ter dor, ese era o seu único obxectivo que a dor deixara paso a ledicia e dela ao amor universal como forma de vida.

Naquel lugar, entrou nun sono profundo, acompañabaa outra muller, unha muller poderosa coma ela, coa diferenza de que a súa acompañante xa sabía do seu poder.

Naquel sono profundo, (que non se sabe canto durou, xa que o tempo e o espazo son relativos cando dúas mulleres poderosas se xuntan) naquel sono soñou.... soñou, e soñou e cando acordou recordou o soño:

Estaba deitada nunha padiola de masaxe dunha osteopata colocaralle a man na pelve, os dous osos saian claramente do seu esqueleto, e sentiu que tocaban unha ferida que tiña raíces profundas, era dolorosa, e nesa dor preguntoulle a súa acompañante, teño a impresión de que preciso que me leves a ese lugar no que se produciu esa ferida que me doe, e non ten cura, preguntoulle se podía, e quería acompañala, e díxolle que si.

Automaticamente a dor da pelve pasou ao peito, tivo medo, verdadeiro pánico, estivo a punto de saír correndo, pero permaneceu, as mans da súa compañeira pousáronse nas costas e no peito, convidouna a unha viaxe, por dentro dos seus recordos, e foi facendo o que lle pedía:


Paso a paso, púxolle cor a aquela dor, forma, sabor, olor.... resultou ser un globo, con forma de demo, vermello, atado a unha corda, non sabía se tiña medo ou rabia, choraba a moco solto, por momentos asustada... doía moito, respirou, permaneceu, e viu claramente que a dor era mais rabia que medo, o medo estaba por se non podía soportar a dor, a rabia.... a rabia.... primeiro era contra outros...e ao chorar e berrar puido ver que era rabia contra si mesma, rabia por non saber, .....por non coidarse, .... e berrou... chorou... sabía que tiña compañía que se se rompía a súa acompañante ía a pegar os cachiños e seguiría viva.


Nese choro profundo puido verse e perdoarse a si mesma, tardou tempo, ....no intento de cambiar a cor do diaño,... non era posible,.... apretouno...!!! reventouno!!!... pero seguía sendo vermello... e agora estaba pegado ás súas mans, cal xelatina pegañenta... non sabía que facer se tiralo ao lixo ou expulsalo fora, non podía facer nada... ate que oíu as palabras máxicas...


Ponlle cor, está fora de ti, vaime dicindo de que cor o ves agora.


Agora ten cores negras darredor, como cando algo de plástico se queima, pásoo de man en man, recordo onde estaba no meu corpo, agora dóeme o ombreiro dereito dentro moi dentro, e vexo a cor rosada dos músculos dos debuxos dos libros de texto... e pouco a pouco aquel vermello foise convertendo nun rosa con trazos vermellos e ese negro queimado darredor,..... puxo as mans cara abaixo e aquela masa xelatinosa empezou a esvarar cara o chan ... volveron o choro as bágoas á cara, e agora eran doces, e o choro era de emoción, sentía amor, moito amor por si mesma, ....



Nese momento a acompañante meteu as mans debaixo das costelas, e sentiu unha dor grata, como cando algo cura, ese proído do alcohol na ferida. Pediulle que lle puxera cor, e a cor rosa pastel apareceu, pediulle que lle puxera nome a ese fio, que o deixar sair, ....pero non foi posible, era unha cor rosa sen forma definida, era o símbolo de ter amado a pleno corazón.... con toda a alma, ... non podía soltalo, tentaba imaxinar unha tesoira e non aparecía, ate que lle dixo:


- Ese fío simbolizaba o amor a ti mesma, o grande amor que podes darte a ti mesma....


Esa instrución foi clave, aquel fío rosa empezou a desprazarse polas costelas soltándose e agarrándose sen un fin claro. Cando lle dixo que xa tiña cor e forma, sentiu que ese era o amor a si mesma, empezou a sentir moita ledicia, estaba na casa materna facendo un cordón rosa coa súa irmá maior, dándolle voltas a moitos fíos rosas, ate que se converteron nun cordón que pasaba entre as costelas e dende un lado ao outro, un cordón indestrutible, de amor a si mesma, e con el a todas as mulleres da familia, sabía que con ese amor era indestructible.


A acompañante pasou a súa man ao peito, pediulle que collese aire, e que o votara varias veces... volveron... a dor e o choro.... e votou dende o peito, e tamén dende a gorxa, recordoulle que a ira era solo un instrumento, que volvera ao peito, colleu aire, soltouno, e no último alento.... co pulmón ben cheo votou.... e nese momento a acompañante soltou a presión do peito... un ahhhh!!!! saíu onde quedou espazo baleiro, un baleiro grande saboroso con espazo para amar, dar e crear... sentiu o seu poder.


Nese instante, xusto antes de espertar, soubo que era poderosa, que nada podía destruír o amor que levaba dentro, era poderosa era grande, sentiu medo, sentiu que era a única responsable da súa vida,..... que podía ser feliz,.... soa.... ou acompañada, .... e como ocorre nos soños entrou outro soño... no que ela e o seu irmán facían un novo fogar, onde gardar todo o amor recibido dos antepasados, nese momento despertou, asustada acubillada tapada cunha manta nunha padiola dunha osteopata, ........


E
n calquera día, de calquera mes, de calquera cidade, volveu ao tempo e ao espazo real, e foi a rúa... mercou un paraugas, e camiñou amodiño ....cara a súa casa, .....non sen antes levar peixe para que o corpo se alimentara igual que a alma.





1 comentario:

  1. Como foi quen de facelo... a dor que causou tanto dano na súa vida. Converteuse decididamente no Poder.
    Nunha nova potencia, capaz de quebrar o cordón rosa dun xeito definitivo ...
    Pregúntome coidadosamente como sería a vida con esta transformación ...
    ¿O amor serviría ao poder?
    Ou finalmente, o amor a una mesma transformaríase nun camiño real do amor, polo poder do amor ...
    e renderse ...

    ResponderEliminar