28 de novembro de 2012

Camiñando coa Gestalt

1-      28/11/12- Iniciar este espazo foi un proceso de meses que dificilmente poderei hoxe plasmar aquí. 

Camiñante non hai camiño... -Antonio Machado (1875-1939)- se esta frase tivo significado agora ten tamén significante, no camiño que a Gestalt abriu para min. Dende aquí compártoo sobre todo coas compañeiras de formación con quen e de quen tanto aprendín. (Zecilia, Raquel, Bea, Ana G, Ana F, Alberto, Andrés, e Robert). 

Vai por nós e polas persoas que coma nos camiñan e fan camiño. 

Para recoller aquí os inicios, nomeo a Ramiro e a Escola Pañña, con quen empecei, e a Francisco Peñarrubia e Claudio Naranjo aos que lin con avidez.

A María Rodríguez, a miña terapeuta con quen sigo camiñando.

A Xurxo  que entendeu á primeira o que pretendía coa miña imaxe corporativa.   www.dseña.com 
  
A Valle, da escola Guibor de Santiago con quen tal vez siga o meu proceso de formación en Gestalt.
 
A http://gestaltnet.net. Que me acabo de atopar e que conecta co meu sentir.

 "Quienes formamos Gestaltnet.net deseamos que éste sea un espacio de co-creación de unacomunidad de personas interesadas en la terapia Gestalt, donde poder intercambiar recursos útiles y servicios de comunicación que posibiliten el contacto entre nosotros". 

Déixovos e convídovos a camiñar xuntos.

Breves das dúas obras de lectura do primeiro ano:

Da “Terapia Gestalt. A vía do baleiro fértil”, de Francisco Peñarrubia”. Sinto que obtiven coñecemento, que este é un manual básico para coñecer a Gestalt no seu conxunto, ordenada, sistematizada, coas súas luces e as súas sombras.

Do segundo “A vella e novísima Gestalt”, de Claudio Naranjo, recibo o cariño que transmite Claudio, a autenticidade da construción no presente, e síntome parte desa corrente. Ao mesmo tempo remato coa pena de non poder estudalo e compartilo con outros aliados. Estarei atenta cando cheguen.

Grazas a Pañña. http://www.gestaltgalicia.com

A vella e novisima Gestalt
Claudio Naranjo
Tradución autorizada polo autor
Editorial Cuatro Vientos
Madrid 1990
 
 http://www.fundacionclaudionaranjo.com/index.php
Pax. 276. “Penso que a terapia gestáltica, aquel revolucionario método que floreceu e xurdiu na cultura de fai quince anos atrás, actualmente corre o risco de converterse nunha ortodoxia mais, nun monopolio similar ao da psicanálise no pasado. E penso que hoxe en día sería apropiado – cando a Gestalt é amplamente recoñecida- que flexibilizara mais os seus límites, para así facilitar o desenvolvemento dunha Gestalt mais ampla: un enfoque holístico onde as capacidades do individuo para traballar en si mesmo foran empregadas na práctica meditativa e da toma de conciencia da vida diaria, e onde o traballo corporal así como tamén unha perspectiva mental sobre o desenvolvemento humano contribuíra  ao proceso de crecemento do individuo –ademais das sesións de terapia propiamente tales. A terapia gestáltica entón serviría aínda mellor á súa función, como un elemento valioso nun mosaico que, ao mesmo tempo, a complementaría e apoiaría.”


A vía do baleiro fértil
Francisco Peñarrubia
Alianza Editorial
Madrid 1998
http://psicoletra.blogspot.com.es/2012/06/francisco-penarrubia-terapia-gestalt-la.html
 
ARTE E CREATIVIDADE NA TERAPIA
  
A superación do debate técnica - intuición, conecta coas artes como expresión de técnicas e “intuicións” dos artistas.

Ambas se complementan non poden ser a unha sen a outra, e a terapia e a arte son tamén complementarias xa na súa expresión mais xenuína representar o invisible o máxico axudaba a curar as enfermidades.

Peñarrubia fai un excelente percorrido polas diferentes expresións artísticas e a súa conexión coa psicoloxía, dende Freud nas explicacións do inconsciente na literatura e artes plásticas ate Fritz que conecta o baleiro fértil co proceso de creación artística.

A terapia conecta coa arte na expresión dos feitos creadores humanos, todos somos creadores, e artistas na entrega e receptividade, na liberación dun mesmo e do coñecemento intelectual, no estar mais que no facer, e na arte de ser un mesmo, unha mesma ante a vida, permitíndose a espontaneidade e o non saber como forma de creación, coñecendo as técnicas e esquecéndoas, convivindo coas limitacións e cos recursos propios.




4 de outubro de 2012

Compartir unha lectura


Foi unha experiencia estupenda, da que me quedan as palabras que cada unha das persoas que quedaron ate o final, me regalaron:

Nada, camiño, tranquilidade, paz, blanco, 

En breve compartirei a reflexión do proceso.

9 de xullo de 2012

Coloquio Clima Laboral




Se queres mellorar en calquera da área da túa vida 

solicita unha cita: 680130933 

supervisionsocial@gmail.com








Despois de participar cos profesionais de ISPA, no coloquio sobre CLIMA LABORAL o 9 de xuño do 2012 en Huarte (Navarra), fágovos chegar este post que me permite compartir dende aquí os coñecementos que sempre se crean no encontro humano.

Laura Iparragirre, (Vicepersidenta de ISPA-ASC) deunos a benvida ás 18 persoas que asistimos, agradecendo a participación e o esforzo que supón hoxe en día desprazarse e dispor de tempo para unha xornada como esta.


Iniciou a Mesa Redonda Javier Cerrato, psicólogo. Director do Master Seguridade e Saúde no Traballo,  da Universidade do País Vaso, presentou o marco no que se desenvolve a investigación referente ao “clima laboral”. Posteriormente Carlos Arguilea, psicólogo e supervisor e Ioseba Guillermo, pedagogo e supervisor, conectan o mundo da supervisión e as súas achegas ao clima laboral.

Javier Cerrato,  
Presentou dun xeito científico e holístico a temática para a que foi convidado, ¿Qué di a investigación sobre o clima laboral?. Fixo un percorrido histórico polos diferentes autores e estudos realizados sobre o tema, do que vos conto a grandes liñas que o concepto de clima laboral é sofisticado, xa que non hai acordo total no que mide e como se mide, relaciona o intanxible co tanxible, niso radica a súa complexidade.

Para achegarnos ao concepto de clima laboral hai que ter en conta  que é diferente da cultura laboral, e que fai referencia ao fenómeno psicosocial das percepcións que as persoas teñen do seu clima laboral, son percepcións individuais que se comparten, e que conectan con outros elementos do mundo do traballo, como son o clima organizacional, a produtividade, o absentismo, o stress laboral, ou o desempeño, e cruzase con variables que van dende a estrutura organizativa, (tamaño, dirección, liderado, comunicación, normas, remuneracións ) ate as particularidades dos traballadores (xénero, intelixencia, experiencia, motivación…).

Téñense realizado múltiples investigacións ao respecto, e existen cuestionarios contrastados que permiten afondar no clima laboral e aplicalo ás empresas e organizacións para a súa mellora e innovación, así como adaptación aos cambios.

En todas elas é preciso ter en conta a cultura local en relación tanto ao traballo como ao xeito en que se constrúen as relacións xerárquicas, como exemplo achega Javier o feito de que en Euskadi foran suprimidos os foros; isto fai que na cultura xerárquica estea moi presente o imaxinario de que todos son iguais, eu pregúntome que resultados se obterían en Galicia onde as relacións xerárquicas teñen figuras como a do cacique que determinan as relacións non so de xerarquía no mundo laboral senón tamén veciñal e persoal.

Carlos Arguilea, http://www.hzconsultoria.org/ axudounos a visualizar, coa estrutura que podedes ver na fotografía, os diferentes elementos presentes nas relacións laborais e polo tanto na supervisión, e como a interrelación entre todos eles son claves á hora de realizar achegas dende a supervisión.

Sitúa a organización na base, conectada en liña directa co liderado e coa cultura, e á súa vez cada un deles con outras organizacións cos usuarios, coas estratexias e visión de futuro, roles, etc. cada elemento interacciona co resto, como en calquera estrutura a totalidade é mais que a suma das partes e incidindo en calquera dos seus elementos cambian os outros.

En momentos bonanza parece mais natural que as organizacións se miren cara a dentro pero en momentos de crise a mirada ten que ser dobre, para subsistir, traballando dende as oportunidades non dende a culpabilización.

A supervisión achega ao clima laboral un situarse “ao lado de”, apoiándose nos principios reitores que fan que da desconfianza se poda pasar á confianza, da incertidume do futuro ao goce do presente.

Ioseba Guillermo, da Asociación Nuevo Futuro http://nuevo-futuro.org/index.php/supervision/ , presentounos os resultados da supervisión na súa organización.

Esta práctica permitiulles baixar o nivel de stress entre os seus traballadores, conectando coas potencialidades e o empoderamento dos profesionais, que ao traballar nun ambiente de protección, fixo que non foran invadidos pola alta dificultade no desempeño da tarefa na súa organización (traballan con menores en risco social).

A nivel cuantitativo, con datos impresionantes, entre eles o descenso do absentismo laboral dun 6,44% a un 2, 42% e o aforro económico que supuxeron os cambios na mellora da rotación do persoal, nas baixas etc.

Como conclusións de meses de traballo que non rematan se non que forman parte da cultura da súa organización, Ioseba dinos que a supervisión dálles rigor, creatividade e capacidade de adaptación aos cambios, e sobre todo practicar o valor sobre as persoas.

É de agradecer que unha organización relativamente pequena como ISPA http://62.99.53.27:8081/ispa/index.php?option=com_content&view=article&id=92&Itemid=126 manteña este tipo de formación e de facilidades para participar a todas as persoas que pensan que a supervisión é unha ferramenta que mellora notablemente o benestar, eu son dese grupo.

14 de maio de 2012

Coloquio CLIMA LABORAL

O Instituto de Supervisores/as profesionais asociados organiza un coloquio no que se estudarán as achegas da supervisión na mellora do clima laboral. Con estes sorrios das ex-compañeiras de traballo vemos as bases dun bo clima laboral.
 
Irei a Huarte (Navarra) ademais de seguir coa formación en Supervisión visitarei Traperos de Emaus, para seguir, tamén, consolidando o traballo de Inclusión Activa en Boa Vida.  htt://boavidacasaazul.blogspot.com

Aquí tedes a información, se alguén se apunta teño información da viaxe e estancia moi asequible!!.

ISPA - Instituto de supervisores/as profesionales asociados.
www.ispa-supervision.org

Presentación CLIMA LABORAL aportaciones desde la supervisión y el coaching. 
COLOQUIO PROFESIONAL 9 de junio de 2012 Huarte (Navarra)
La supervisión y el coaching son dos modalidades complementarias de asesoramiento. 

La supervisión se basa en una mirada que facilita una regulación ética y deontológica de la práctica. Favorece el aprendizaje a partir de la reflexividad y cumple una función de apoyo para los profesionales. 
El coaching, esencialmente desarrolla y entrena competencias de liderazgo. Comparte aspectos comunes con la supervisión. 
En Centroeuropa, la supervisión tiene más de cincuenta años de historia, las asociaciones profesionales e institutos de formación han desarrollado un modelo integrador de supervisión y Coaching desde los años 90. 
La promoción de la salud en el trabajo es el resultado de un ajuste entre facultades, necesidades y expectativas del trabajador, por un lado y las exigencias y oportunidades del entorno por otro. 
Es evidente que el trabajo otorga beneficios que van más allá de lo material y que, cada vez más, es necesario adquirir nuevas habilidades para afrontar adaptaciones, cambios, etc. ¿Cuáles son los riesgos y las posibilidades para los trabajadores y trabajadoras en la época que estamos viviendo? ¿Cuáles son los focos de interés para crear un clima laboral saludable en las distintas organizaciones? ¿Qué nos dice la investigación al respecto? ¿Qué puede aportar la supervisión y el coaching? Algunos ejemplos de buenas prácticas reconocidas y premiadas por distintas instituciones serán presentadas en este coloquio.

ISPA - Instituto de supervisores/as profesionales asociados.
www.ispa-supervision.org

Propuesta CLIMA LABORAL aportaciones desde la supervisión y el coaching.
 COLOQUIO PROFESIONAL 9 de junio de 2012 Huarte (Navarra) Panel – 
Mesa redonda 10:00 -11:30 
Presenta: Laura Iparragirre Vicepresidenta de ISPA-ASC 
Javier Cerrato ¿Qué dice la investigación sobre Clima laboral, algunas ideas en forma de guía? Director Master Seguridad y Salud en el Trabajo Subdirector de la Escuela de Relaciones laborales. Euskalherriko Universitatea – Universidad del Pais Vasco.
Carlos Arguilea Azpiroz Aportaciones desde la Supervisión y el Coaching. Secretario de ISPA – ASC. Psicólogo, Educador Social, Supervisor y Facilitador en diferentes contextos. HZ Consultoría - Aholkularitza Ioseba Guillermo Programa de buenas prácticas de ANNF. Responsable de RRHH en ANNF. Pamplona. Pedagogo y Supervisor. 

coffe –break 11:30 Trabajo en grupos 11:45 : 12:45 Feedback y síntesis con los ponentes. 12:45 - 13:30 
Inscripción: socios-as de ISPA confirmar asistencia con un correo a secretaria@ispa-supervision.org 
No socios-as es necesario inscribirse – se adjunta hoja de inscripción.

24 de febreiro de 2012

Proposta endebedamento

Sigo traballando dende outra visión esta entrada do Blog http://encontrobenestarsocial.org

O futuro das vivendas desocupadas

by Encontro Benestar Social
Facemonos eco, dende Encontro, da problemática das familias endeudadas con risco de perder a vivenda, e sumamonos á proposta da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais que estes días se presentou no Congreso, en Madrid. tamén se debateu co Presidente de Castela e León e co Secretario de Estado de Economía e outros cargos con poder de decisión entre elas a Defensora do Pobo, e tamén a federación de Asociacións de Veciños vai utilizalo nas súas propostas, falta que a patronal bancaria se convenza dos beneficios que supón que as súas vivendas estén ocupadas e non rematen como tantas do noso rural ou como tantos pisos pechados cos que xa non poden especular. Difundir e coñecer a proposta sumará forzas neste proceso de resistir colectivamente a unha crise que non é nosa. http://www.directoressociales.com

20 de xaneiro de 2012

Facilitar


¡ Que importante é dar coa palabra exacta!!

Super-visora, coach, facilitadora, mediadora, orientadora, entrenadora, psicóloga, educadora social, psico-terapeuta, traballadora social, ….

Parto de dúas aprendizaxes desta semana, o meu traballo no grupo Inclusión social activa boa vida e as conversas con José Antonio Ramírez Amor, participante deste grupo, xunto coa asistencia á xornada formativa sobre Coaching que organizou A UNED en Pontevedra, http://www.quned.es/mvg/publico_actividad/3190, que de novo me levan á super-visión.

Teño a impresión, e quero compartila con vós, de que no fondo se trata de facerse un espazo no “mercado”, e pido perdón por adiantado por ser tan politicamente incorrecta.

Penso que a “arquitectura humana” é unha das miñas fortalezas e podo permitirme o luxo de facer este tipo de afirmacións, xa que con elas tamén eu me abro o meu propio “mercado”. Explícome.

Son Traballadora Social, e atopei na Supervisión a ferramenta de mellora profesional que me permitiu ter como coach a Mónica Couso, e agora iniciar a miña formación en Gestalt; a medida que van pasando os anos vexo que o que nos move como profesionais e como persoas é o noso propio benestar, entendido este como un valor indispensable para “manterse” na relación de axuda, en todas as súas dimensións, incluídas aquelas que supoñen axudar a unha multinacional a aumentar os seus ingresos.

Entón volvo a enredarme coas palabras, coas tendencias e as modas, …. e preciso apelar ao sentido común, e a ecoloxía, para facer un uso axeitado dos coñecementos e neste caso, para afiar as ferramentas que xa teño, para practicar con elas e poder seguir chamándolle relación de axuda dende a super-visión para min, dende a facilitación, o coaching ou a orientación, para outros, á aquela relación que permite unha mellora, persoal, de grupo ou empresarial … por nomear algunhas das áreas nas as persoas ou grupos desexan dende unha perspectiva holística acadar unha mellora cara o benestar persoal e colectivo.

Grazas, ás verdadeiras, afiadoras de ferramentas que busco e atopo no camiño!!