25 de decembro de 2019

O Xogo da Vida

Este libro de Chérie Carter-Scott, 1998, entregado por unha amiga virtual veu a darme esperanza un día que non sabía que estaba pasando no xogo da vida, que parecía que perdía folgos.
O xogo da vida ten 10 reglas, xa coñecía algunhas pero ao velas escritas, e poder tamén ler, e repasar... e comprehender que xa algunhas destas reglas as estaba practicando e outras as tiña esquecidas, deume non só folgos para seguir adiante senón tamén alivio.
Nesta tarde de Nadal na que chego a casa (despois de Baltar), e me sinto agusto, co peito liviano e disposta a vivir os últimos 6 días do ano. 
Collo da 4ª, regla. Unha lección que se repite ate aprendela. A Paciencia. Intento practicar, son paciente mentras espero un resultado de cambio no meu interior. Quero pasar a seguinte lección.... e da 5ª, A aprendizaxe non ten fin. A flexibilidade. Xa o dicia miña prima Antonia, a vida non é lisa e llana... e de novo adaptarme ao presente ao que hai, adaptarme hábilmente entre a ignorancia e a sabiduría, para ser mestra e alumna...ser flexible para maniobrar con facilidade nas curvas do sendeiro da vida.

28 de agosto de 2019

Conto dunha noite de verán

CONTO 2-  Conto dunha noite de verán.
A serra do larouco. Foto. Enrique Cuquejo

Erase una vez, una noche de final de verano... mirando las estrellas en el cielo despejado... una mirada me inspira este micro cuento...
El amor siempre engloba dos caras, la que se ve, la afectiva, la del mimo y el cariño, y la que no se ve, la de la tolerancia y la paciencia.
Del equilibrio entre las dos caras depende la vida de una relación, el yin y el yang, cara y cruz de una moneda (o quizás de dos), siempre en el filo de una navaja o más bien que la moneda pueda caer de canto en un capricho del destino.
Ser complementario es quizás una virtud sobrevalorada, un intento por ver en el otro u otra lo que uno no tiene, aunque muchas veces sea una mezcla difícil de sostener.
Amar sin medida es un deporte de alto riesgo en los tiempos que corren, y ni siquiera la madurez puede garantizar que una relación llegue a buen puerto con el discurrir del camino, y es que el compromiso siempre requiere una dosis de valentía, perdida en estos días inciertos.
Y colorin colorado el cuento está contado....

Segundo contan as vellas dos Cuquexos, os contos que nos traemos os novos son moi enganosos, sobre todo no que ao amor se refire, elas sabían que se casaban para toda a vida, que cun pouco de sorte enviudarían novas e que os fillos as coidarían de vellas. Mentras nós as novas vivimos pensando en que teremos unha segunda ou terceira oportunidade despois de divorciarnos, sabendo que nin as nosas parellas nin os nosos fillos van a coidarnos de vellas, polo tanto con vivir e amar por periodos xa nos conformamos, igual amar, conversar, compartir, non é posible na mesma persoa, e temos que ir por hortas do minifundio tan coñecido para as nosas aboas, e deixar a concentración parcelaria para a seguinte xeración, xa que a nós pillounos a medio camiño nin minifundio nin concentración parcelaria.... traballamos na finca do veciño tal e como el a deixou e nos deixaremola para que outros volvan a darlle vida... polo momento dame tristura, algún día aprenderei que o que hai é o que hai e que sempre está ben....

12 de xaneiro de 2019

Facendo e desfacendo vai a burra aprendendo

No mundo da psicoloxía, chamase, ensaio erro, para min na vida chamase, se loito podo perder se non estou perdida.(regalo indio de Isabel Camba)

A páxina CONTO DE CONTOS, nace en setembro despois dun parto longo tal vez 3 ou 4 anos, ou mais canto tempo María?, 

Canto tempo levamos mercando libretas e apuntando anecdotas para escribir un libro?, debes ter ti a primeira libreta coa data mercada na estación de autobuses de Santiago, a idea foi pasando por fases diversas e finalmente colleu impulso ao ter nome, CONTO DE CONTOS, será o que teña que ser, igual que a criatura que nace, e se constrúe, como vedes nace con faltas de ortografía, cunha literatura sen pulir, así son os bebés imperfectos, así é a vida.

Na foto a mai Brixida, Maria José no chan de pé e no colo, Cristina e eu. Simbolo dunha muller que con dous brazos sacou adiante 9 fillos, e axudou a criar 4 netos, case seguro que mais. Feita a foto sobre un pano de cociña, que para a nosa familia ten un simbolismo que aparecerá nun conto se é que algún dos primos quere escribilo.

Que así sexa, así é, feito está. Grazas, grazas, grazas.

Inspiración

Un libro te contos ten que empezar… co clásico … Había unha vez…. E rematar cun … colorín colorado este conto está rematado….

Pois vai o conto que nos inspirou os seguintes contos….

Había una vez una aboa, que se chamaba Brigida Carballo Lorenzo, que se casou co mozo mais guapo da familia dos Finos, das terras de Pixeirós onde a raiña loba foi asasinada nun acto de venganza por un Martínez.
Pois esa aboa, é a miña aboa, a mai Brixida, ela era una muller avanzada aos seus tempos viuva, valente, e sobre todo tranquila e alegre, sempre cun sorriso e disposta a sentarse ao pe da lareira a contar un conto, iso si, despois de ver a misa pola televisión, que co cura do pobo non se falaba.
Ela sabía historias de mulleres, de homes, de amores, e desamores, … cando nos vía prepararnos para ir de festa, sempre dicía:
  • Tranquila que o que está para ti non o leva outra.
Ou :
  • Tranquila que onde hai una anduriña hai un anduriño.
Así foi como co paso dos anos fun recopilando os contos da miña aboa, e das ancestras que hoxe se fan presentes nestes contos, que como di o cantar….
“soy una niña salvaje inocente, libre y sincera… tengo todas las edades.. mis ancestras viven en mi”.
Leredes nestes contos historias reais, que poden ser de experiencias, de vida, amor, e morte, , do seculo XXI, ou de calquera tempo, esperamos que nalgún fragmento deles podas dicir:
  • E certo que é real, eu vivin iso.
E nese caso nos envíes un email, contándonos a túa historia, con ela seguiremos facendo contos novos nos que compartir, alegrías e tristruas, amores e desamores e sempre vida e esperanza.

A miña aboa xa non vive, pero Susana, María, Patricia, Mati, Carmen, e Javier, empuxaron e quixeron que escribirá estes contos que vos iremos presentando pouco a pouco como se facían os contos cando o audiovisual non metía presa, e a historia dos músicos de bremen podía durar unha semana, ou Basilisa a sabia, acompañábanos meses ate que comprendíamos o que nos quería contar.


E colorín colorado este conto está rematado.